Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 5 de xullo de 2016

Denuncian o desmantelamento do CGAI e o desprezo do Goberno galego do PP polo sector audiovisual

A Xunta convoca a Comisión de persoal o xoves 6 de xullo para aprobar o desmantelamento do CGAI, deixando en evidencia as mentiras e o desprezo do Goberno galego do PP polo sector audiovisual galego.

Tan só foron necesarias dúas semanas e unha victoria electoral para descubrir as mentiras do Sr.Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, o día 17 do mes pasado na prensa sobre os recortes no AGADIC, onde rebatía ás denuncias realizadas pola CIG sobre a documentación entregada pola Xunta e que tiña como último fin o desmantelamento encuberto do Centro Galego de Artes da Imaxe (Filmoteca de Galiza).

O Secretario Xeral declarou que ningún desmantelamento, nin despido, nin sequera recorte, sería realizado no devandito Centro. Estas palabras confirmaban as manifestadas tan só un día antes no Parlamento de Galiza polo voceiro do PP, que, na súa intervención en resposta á pregunta parlamentar do BNG, declaraba sen rubor que non habería ningún tipo de recorte de persoal nin amortización, e, incluso, chegou a matizar que as prazas que contemplaba o actual cadro de persoal seguirían a formar parte da Filmoteca. A pregunta  do BNG foi apoiada por todos os grupos parlamentares excepto do Partido Popular, que voltou a mentir decindo que non habería despedimentos.

Non foi a única intervención por parte dos grupos parlamentares, xa que  o grupo de Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) rexistrou unha nova pregunta parlamentar o pasado día 28, onde, entre outras cuestións, advertía que esperaba que as afirmacións realizadas polo goberno do PP non foran só medidas electoralistas, e que seguiran a poñer en risco o futuro da memoria audiovisual galega e da Filmoteca de Galiza.

Se o pasado 1 de xuño, Función Pública retiraba a proposta da Comisión de Persoal, no que semellaba una medida razoable para recapacitar sobre un asunto de tal importancia, hoxe sabemos que só respondía a una medida electoral. Dende a CIG recibimos con indignación e decepción, a convocatoria da Comisión de persoal para o vindeiro 6 de xullo, que non muda nada respecto da anterior.

Con esta proposta asistiremos ao desmantelamento do único centro audiovisual da Galiza por parte do goberno do PP. Condearase de forma irreversíbel (50% de despidos na área de proxección e 40% menos das plazas coas que contaba o centro) e progresivamente á Filmoteca de Galiza á súa desaparición como tal, recortando os servizos públicos que viña prestando, e dañando o futuro dos galegos /as, incluíndo a aqueles nenos e nenas, canteira de cineastas dicían os medios de comunicación, que saíron sorrindo da presentación das obras do ciclo “cinema en curso” hai dúas semanas, en plena campaña electoral.

Semella que, unha vez despexada a incógnita das eleccións, o partido do goberno comeza a aplicar sen dilación os recortes aos cidadáns, incluíndo aquelas promesas nas áreas que aseguraban días antes en todos os medios, que non se producirían.

Dende a CIG queremos denunciar novamente esta situación precaria que se está a vivir no CGAI e o peor que está por vir, con estas novas amortizacións, que previsiblemente deixarán sen cubrir un servizo público tan básico como necesario, que é o defender e velar pola defensa da cultura e do sector audiovisual galego.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario