O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de declarar a nulidade da Oferta de Emprego Público do ano 2015 (OEP-2015) logo do contencioso-administrativo presentado pola CIG en canto ás prazas de persoal laboral "por non incluír a previsión obrigada de reserva para promoción interna" dun mínimo do 50 % das vacantes ofertadas, tal e como recolle o convenio colectivo.
Lamentablemente esta sentencia xudicial chega tarde porque a Xunta de Galiza, sendo plenamente consciente de que aprobou a OEP de 2015 de xeito ilegal, nun intento chapuceiro de emendar o seu "erro", botou man da complacencia de CCOO, UGT e CSIF para asinar o 24 de febreiro de 2016 un acordo co voto en contra da CIG para modificar o convenio colectivo e de paso "saltarse" a reserva do 50 % das prazas ofertadas para a promoción interna do persoal laboral en seis postos da OEP de 2015.

Como non hai nada casual, o día despois de asinar ese acordo, Facenda convocou o proceso selectivo deses seis postos, pero xa sen promoción interna. Que ben!
Esta victoria xudicial agridoce da CIG deixa en evidencia a xestión chapuceira da Xunta de Galiza nun tema tan importante como son as ofertas de emprego público. Ao máis puro estilo marxista (de Groucho), a Xunta de Galiza fixo aquelo de "non me gusta unha OEP de persoal laboral con promoción interna como exixe o convenio, pois, modifico o convenio". E o máis triste de todo é que foi co beneplácito de CCOO, UGT e CSIF, que nada lles importa o convenio colectivo e si moito o facer seguidismo da política da Xunta de Galiza.
Descargar sentenza
Descargar sentenza
Ningún comentario:
Publicar un comentario