Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 27 de outubro de 2017

Baremo do concurso de traslados "permanente" e outros asuntos de Función Pública: xuntanza do 25/10/2017

Todos os sindicatos coincidimos en: rexeitan valorar o traballo desenvolvido en comisión de servizos, a non caducidade da formación, o maior peso da antigüidade, non aos méritos específicos ou minorar a súa puntuación.


Segue a "negociación" do baremo do concurso de traslados "permanente" e nesta última reunión a Administración afrouxou nalgúns aspectos pero segue insistindo na caducidade da formación, a valoración do traballo desenvolvido en comisión de servizos ou no alto peso dos méritos específicos, algo que choca frontalmente coa postura sindical.


Veremos como termina e sobre todo, veremos se os concursos se volven "permanentes" como tanto tempo levan anunciando ou só en anuais como xa recollía a antiga Lei de Función Pública de Galiza e nunca chegaron a ser. A idea é que estas bases sexan válidas para concursos de traslados de persoal funcionario e laboral; está por ver se llas aplicaran tamén nas escalas ou corpos especiais.

Resumo da xuntanza


Intervención CIG (polos criterios modelo de concursos de traslados)
  • Insistimos en que non deixen fora ao persoasl funcionario de escalas e especiais.
  • Antiguidade: Maior peso. Propomos levalo ata os 7,2 puntos. Valorar reciprocamente os servizos prestados como funcionario ou laboral.
  • Méritos específicos: Suprimir os méritos específicos e que a empresa forme ao persoal. Excesiva puntuación da experiencia. Propomos reducila igualando con antigüidade. Reducir o máximo a 3 puntos. Recuperar a formación específica (para  persoal funcionario, que persoal laboral si o teñen) como alternativa a quenes non teñan experiencia.
  • Grao persoal: Puntuación excesiva. Igualar coa puntuación equivalente a medio ano de antigüidade. Puntuar só ata o grao máximo obtíbel por concurso. Alternativamente, diferente escala. Que abonde con grao recoñecido (sen requisito de formalizado).
  • Traballo desenvolvido (para persoal funcionario): A nova proposta mellora a anterior, pero teñen que corrixir cousas. Non á valoración do traballo en comisión de servizo ou adscrición provisional. Non aos tramos de nivel. Puntuación excesiva: reducir a puntuación a aproximadamente o 25% do peso da antigüidade. Reducir a diferenza de puntuación entre o máximo e o mínimo.
  • Medidas de conciliación: Para reunificación familiar, introducir opción de distancia entre residencia e posto de traballo (o convenio colectivo fala de 30 km). Hai un erro no máximo de puntuación por conciliación de laborais: a base 3.3.3 (excedencia) limita a 1,1 puntos, cando o máximo que se pode conseguir é de 0,6 puntos. 
  • Formación: Non limitar a antiguidade dos cursos. Restaurar as entidades formadoras, incluindo escolas de idiomas. Incluir titulación académica, con puntuación limitada e compartindo máximo coa formación.
  • Grupo de pertenza (para persoal funcionario): Reducir diferenzas á metade.

Intervención director xeral da Función Pública

  • Poderían aumentar o peso da antigüidade. A valoración quedaría por meses, non por días, pois están convencidos que por días aumentarían as reclamacións.
  • Os méritos específicos de laborais poderían eliminalos ou deixar únicamente o permiso de conducir.
  • Traballo desenvolvido en comisión de servizo: van estudar a xurisprudencia. 
  • Formación: ampliarán as entidades; valorarán incluir a titulación; algúns cursos non caducarán (mencionou como exemplo o curso de xefatura de negociado); valorarán ampliar a máis de 8 anos a caducidade; valorarán diminuir o mínimo de horas dos cursos.
  • Queren pechar as bases modelo de persoal funcionario a finais de novembro. As bases de persoal laboral irán despois, negociando xunto co concurso que se vai convocar para este colectivo.

Outros asuntos

  • Concurso de estatística: Alegacións concurso estatística ata 3 de novembro.  Tentarán aproximar estas bases ao modelo xeral. Mencionan expresamente a formación. Queren pechar as bases a finais de novembro.
  • Concurso de finanzas: Enviarán borrador nuns días, e será idéntico ao de estatística. Queren pechar as bases a finais de novembro.
  • Concurso laborais: A agrupación de categorías do grupo V será similar ao concurso anterior. Para o grupo IV teñen que estudar as agrupacións (van a enviar a educación as titulacións para que informen) Nunhas semanas enviarán borrador para os grupos IV e V. Sairá coas actuais categorías do convenio (desbotan así o paso previo de reducir xornadas), agás as seguintes: aquelas en que non haxa xente traballando, e aquelas que FP considere que deben desaparecer e actualmente haxa moi pouca xente (menciona como exemplo menos de 10 traballadores/as).
  • Tribunal Bioloxía e Química: publicarase para a semana.
  • Na primeira quincena de novembro van enviar para negociación as bases de oposicións de:  A1: enx. de camiños, enx. agrónoma, enx. de montes.  A2: enx. téc. de obras públicas, enx.tec. agrícolas, ex.tec. forestais Informática A1 libre e P.I., e A2 P.I.
  • Informe das oposicións C2: antes dunha semana convocará nova xuntanza e falaremos desto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario