Tras revisar a xurisprudencia eliminan o traballado desenvolvido en postos en comisisón de servizo, aumentan o peso da antigüidade, o tempo de caducidade dos cursos e reducen o peso de méritos específicos pero non tocan o grao persoal.
Informa o director xeral da Función Pública (dxFP) dalgúns cambios e anuncia que o mércores ou xoves da semana que ven enviarán novo borrador cos cambios de hoxe e algúns máis. Posteriormente haberá outra xuntanza. Van centrarse na parte referente a persoal funcionario. E así, o de concurso "permanente", do que leva falando este director xeral desde que chegou ao cargo vai 8 anos, vaise transformando en "eterno".
- Ámbito de aplicación: aceptan incluír ao persoal funcionario de escalas e administración especial.
- Antigüidade: van aumentar os anos para alcanzar o máximo de puntuación (actualmente son 33,3). Non se posiciona (e tampouco pecha a posibilidade) sobre se isto suporía aumentar a puntuación mensual ou total.
- Méritos específicos: van baixar a puntuación (non especifica máis). En persoal laboral só hai 7 postos con méritos en grupo V, e algúns máis en IV, sendo a maioría méritos de galego ou carné de conducir, sendo probábel que para estes grupos eliminen os méritos no concurso.
- Grao persoal e permanencia: non haberá cambios.
- Traballo desenvolvido: aceptan valorar por niveis (non por tramos), e a valoración das comisións de servizo será igual que no último concurso xeral ("O traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos puntuarase como realizado no posto de orixe do/a funcionario/a")
- Medidas de conciliación: pendente decidir se aceptan valorar incluír ter a cargo unha persoa con discapacidade.
- Formación: Aumentan a relación de entidades formadoras (menciona ISSGA, AGASP, Instituto de la Mujer .. e os específicos de cada escala (está por ver se estes últimos irían en cada convocatoria ou iría nas bases comúns). Aumentan de 8 a 10 anos a caducidade; UGT fai a proposta de aumentar a caducidade a 15 anos. A este respecto a CIG mantemos a nosa petición de que non caduquen nunca, pero ante a posibilidade de que queden recortados a 10 anos manifestamos que estamos dispostos a negociar unha caducidade sempre superior aos 10 anos propostos por FP. Introducir a titulación suponlles dificultades técnicas por canto hai arredor de 2.000 titulacións diferentes e os master poden ser de dous tipos: con requisito de grao ou de bacherelato.
Outros asuntos
- Concurso persoal laboral: para a agrupación de categorías do grupo IV teremos unha xuntanza antes de que envíen o borrador. Para os grupos I, II e III fala o dxFP que sería despois de: concurso xeral, concurso especial, procesos selectivos afectados e funcionarización. É dicir: algún día.
- Concursos escalas e especiais: van sacar os de estatística e finanzas. Di o dxFP que os concursos deste tipo os convocan se hai petición das consellerías/entidades que teñen o maior número de traballadores e no caso de AMTEGA esta axencia non manifestou o seu interese no concurso. Están a valorar o de persoal veterinario.
- Oposicións C2 libre: resolveron xa os recursos (estanos a comunicar agora). Queda anulada a pregunta nº 2 segundo a decisión do tribunal, e ordenan ao tribunal elaborar unha nova lista de aprobados con 9 respostas netas para o corte. Antes de rematar esta semana estará publicado no web de FP. CIG: seguimos a solicitar o informe da Asesoría Xurídica. dxFP: en principio non haberá problema en facilitalo.
- Fondo Acción Social 2016: tiveron problema coa consulta do IRPF, e afirma que o publicarán "en pouco tempo".
- OEP-2017: para a semana enviarían borrador.
- Oposicións Persoal veterinario: o primeiro exercicio non será ata o primeiro trimestre do 2018. Teñen moitas vacantes por xubilación e é posíbel que na OEP-2017 incrementen as prazas da convocatoria en marcha.
- Concurso Lei 17: informamos ao dxFP que a última xuntanza con Sanidade foi en maio deste ano, xa cunhas bases pechadas e relación de prazas a ofertar; pero a día de hoxe ainda non pasou por Mesa nin Comisión de Persoal; preguntamos se o retraso é debido a Sanidade ou a FP. Resposta o director que vai consultalo e dá resposta na seguinte xuntanza.
- Programa de activación para o emprego: remata o 30 de novembro. Foi renovado para o Estado. Pedimos datos. ->dxFP: non foi posíbel cadrar a axenda para falar desto; tentará dar resposta a semana que ven.
- Problemas para reincorporación tras excedencia: nega o director que FP estea a poñer impedimentos a quen quere o reingreso, agás o caso das reincorporacións de quen pediu a excedencia tras aprobar outra praza en promoción interna (a estes, se queren reincorporarse terán que facelo vía concurso de traslados). Nos demáis supostos (mesmo quen está en excedencia por ocupar outro posto das listas) nega problemas.
- Teletraballo: discutindo sobre as limitacións que estaba a poñer AMTEGA, nega o dxFP que haxa persoal letrado que teña tres xornadas de teletraballo, e que se algún o está a facer estaría a facelo ilegalmente.
- Xubilación parcial: existe un cambio de criterio do INSS (outubro) na acumulación nun só periodo. O dxFP afirma que non teñen a comunicación.
- RPT Consorcio: preguntamos polo seu estado. dxFP: “estamos en ello”.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario