Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 29 de maio de 2018

Aberta a inscrición nun curso sobre as ferramentas Notifica.gal e Rexel

A EGAP vén de convocar no DOG, ao abeiro do convenio subscrito con Vicepresidencia e a Amtega, unha formación práctica nas principais novidades do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia (Notifica.gal) e da Recepción electrónica do Sistema Único de Rexistro (Rexel).

O curso está dirixido a persoal empregado público que preste servizo na Administración pública da comunidade autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, é de modalidade mixta (8h de teleformación e 4h presenciais a impartir 2h en dous días da mesma semana) e consta de 11 edicións, cuxas datas, horarios e lugares de celebración poden consultarse na resolución adxunta. Para cada edición hai un total de 25 prazas.

As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática da web da EGAP.

Atención: aínda que a convocatoria fala dun prazo de 8 días naturais desde o seguinte á publicación no DOG e remata xa que logo o 5 de xuño, na páxina web da EGAP puxeron nun primeiro momento que o límite estaba no 8 de xuño, o cal xa fica corrixido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario