Achégannos @s compas de incedios o seguinte cartaz e nota de prensa para que lle demos difusión. Están pelexando non só pola dignificación dos seus postos de traballo senón porque estes non desaparezan e que non se fragmente o operativo de incendios.
Podemos quedarnos quietas ata que veñan a por nós ou acaben con todo, o que chegue antes, ou podemos unirnos e protestar xuntas. Son moitos os colectivos da Xunta con esta tendencia actual na gran parte dos servizos públicos que prestan: recortes e privatización. E todo para que a débeda pública siga polas nubes e a calidade dos servizos públicos polo chan.
NOTA DE PRENSA DO SPDCIF
As organización sindicais CIG, CCOO, CSI•F e UGT denuncian a situación de emerxencia que o goberno da Xunta levou ó Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), co desmantelamento paulatino do SPDCIF a través das súas políticas de disgregación dunha parte do dispositivo e a privatización doutra.
A irresponsable fragmentación levada a cabo pola Consellería do Medio Rural do dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais, a través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións, está prexudicando gravemente a eficiencia do que sempre foi un servizo público de contrastada eficacia coa única fin de servir a escuros intereses económicos e electoralistas.
Dende as OOSS asinantes queremos poñer en coñecemento da opinión pública que a precarización das condicións de traballo, a falta de medios, tanto materiais coma humanos, así como a inestabilidade laboral e profesional a que o goberno da Xunta quere condenar os profesionais do SPDCIF, pon en grave risco a capacidade do servizo nas tarefas de extinción e prevención de incendios e supón unha gravísima neglixencia por parte dos seus responsables.
Asemade, o incumprimento do Goberno do Partido Popular respecto ao seu compromiso público de recoñecemento da profesión de bombeiro forestal e a súa teima en manter de forma ilegal ós traballadores da extinción de incendios como “peóns forestais e da caza”, impide o acceso do colectivo ao recoñecemento de enfermidades profesionais propias do traballo desempeñado e o recoñecemento dos correspondentes dereitos legais a redución da idade de xubilación.
Por todo elo, vimos de convocar unha manifestación dos traballadores do Servizo Público de Prevención e Extinción de Incendios Forestais para o día 1 de Setembro de 2016 na PRAZA DO OBRADOIRO ás 11:00 horas. Asemade, e tras a ruptura do diálogo por parte da Administración, as catro OOSS vimos de presentar un escrito dirixido á Consellería de Facenda para que recapaciten e volvan a mesa de negociación, xa que, só a través do diálogo e a negociación pode acadarse unha solución satisfactoria para os graves problemas que afectan o SPDCIF.
Santiago de Compostela, 23 de Agosto de 2016

Ningún comentario:
Publicar un comentario