O Diario Oficial de Galiza recolle este
venres o abono das pagas extraordinarias do persoal que traballa para a
Xunta, tanto o último prazo da extra de decembro de 2012 como a
devolución de 1/6 do específico da paga de verán de 2013. Dende a Área
Pública da CIG (federacións de Administración, Ensino e Saúde) denuncian
que se trata dun acto electoralista que busca beneficiar o PP.
Segundo explican dende a
CIG, o pago das extras realizarase durante o mes de agosto e a forma
escollida será similar ás devolucións efectuadas coa paga de 2012,
“debendo os interesados/as que no estean en nómina neste momento
facer a reclamación correspondente”.
Para a central, este anuncio e o cambio de calendario na devolución de parte das pagas extraordinarias “roubadas” aos traballadores/as públicos está feito con fins electoralistas. “O señor Feijóo xa ten data para as eleccións autonómicas, e tal e como vén facendo antes de cada proceso electoral o mes anterior á votación dá orde de pago dalgunha cantidade das que adebeda das nóminas do seu persoal”, critican.
Diante disto, dende a CIG-Área Pública denuncian unha vez máis o uso “electoralista” que o Goberno do PP segue a facer coas devolucións das pagas extras. Así mesmo, lembran que esta devolución responde á multitude de sentenzas gañadas pola central sindical e ratificadas mesmo polo TSXG, “que declarou ilegal o recorte levado a cabo con carácter retroactivo”. Finalmente, sinalan que a Xunta continúa a adebedarlle ao seu persoal parte das pagas extras dos anos 2013, 2014, 2015 e 2016.

Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario