Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 26 de agosto de 2016

Axudas económicas para a atención de nenas/os menores de 3 anos

Escolas infantís públicas con listas de agarda quilométricas nun país avenllentado e falta de dereitos laborais que faciliten a conciliación. Ante isto, e antes das eleccións a Xunta saca da manga a subvención eleitoral de vez para contratar no noso domicilio a alguén que coide das nosas crianzas, atención, cun máximo de 80 horas ao ano. O de abrir máis escolas infantís publicas ou propoñer modificacións que vaian na mellora dos dereitos laborais, "ya tal"...

No DOG do 26 de agosto de 2016 publícase a Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de 3 anos a través do programa Bono coidado e se procederá á súa convocatoria.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas do programa Bono coidado os pais/nais, titores/as, ou as persoas acolledoras de nenos/as menores de tres anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

a) Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 respecto da anualidade 2017.

b)Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos terase en conta a declaración do IRPF do ano 2014 respecto da anualidade 2016 e do ano 2015 respecto da anualidade 2017.

2. Ademais, as peresoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

A axuda consistirá nunha achega económica cuxa contía estará en función da renda per cápita da unidade familiar, para contribuir ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio.

As solicitudes de axuda poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata, polo tando dende o 27 de agosto de 2016, ao 30 de setembro de 2017.

Toda a información no enlace: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160826/AnuncioG0425-120816-0001_gl.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario