Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 2 de marzo de 2017

Convocatoria da EGAP de actividades de formación continua en materia de idiomas

Publicada no DOG do 1 de marzo. Matrícula ata as 14 horas do 11 de marzo.


A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) oferta 38 edicións formativas e 1565 prazas en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Esta convocatoria inclúe cursos en teleformación de inglés, francés, alemán e portugués e presenciais de linguaxe de signos, inglés e francés.


Destinatarios:
  • os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico
  • cando así o estableza a epígrafe "destinatario" dunha actividade concreta, poderán acceder empregadas e empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas
  • as empregadas e empregados públicos pertencentes a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes

Matrícula: desde as 8 horas do 2 de marzo ata as 14 horas do 11 de marzo en http://egap.xunta.gal/matricula

Número de solicitudes: un máximo de tres por persoa para esta convocatoria

Probas de nivel:
  • Nas actividades de teleformación: ponse a disposición na Aula virtual unha proba de nivel orientativa para lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa.
  • Nas actividades presenciais: as probas de nivel serán presenciais. A EGAP informará aos seleccionados do lugar e da data da proba a través do correo electrónico.
Máis información no DOG do 1 de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario