Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 29 de xaneiro de 2018

A Administración Xeral do Estado convoca 4.725 prazas correspondentes á OPE 2017

O prazo para presentar solicitudes é de 20 días habiles e remata o 26 de febreiro.



No BOE do 29/01/2018 publícanse varias convocatorias de emprego público da Administración Xeral do Estado (AXE). A máis chamativa resulta a macroconvocatoria para diversos corpos xerais e de informática cun total de 4.725 prazas; destas 2.180 son para acceso libre e o 2.545 para promoción interna.

Estas convocatorias derivan da OPE 2017 publicada no BOE do 08/072017 e a súa realización encárgase á Comisión Permanente de Selección. Dúas diferenzas vemos coa Xunta: a execución en tempo dos procesos e a existencia dunha comisión permanetne de selección que axiliza estes. Recordamos que da Xunta aínda están en fase de alegacións os borradores das convocatorias de 487 prazas correspondentes a varios procesos de corpos xerais con prazas acumuladas do 2015, 2016 e 2107.



Ningún comentario:

Publicar un comentario