Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Borradores de novas convocatorias de procesos selectivos para alegacións: 487 prazas de corpos xerais

Achéganos Función Pública un lote de borradores de ordes de convocatorias de diferentes procesos selectivos para as súas alegacións. 

Na súa maioría (471) trátase de convocatorias para persoal funcionario de corpos xerais, subgrupos A1, A2, C1 e C2, derivadas da OPE 2017 (e acumuladas coas non executadas de 2016 e 2015). Tamén mandan dúas convocatorias cunhas poucas prazas (16) para as escalas de informática, subgrupos A1 (8) e A2 (8), por promoción interna, da OPE de 2016.

En total son 9 borradores de convocatorias con 121 prazas ofertadas para acceso libre e 366 por promoción interna. Hai cambios substanciais nos borradores respecto ás últimas convocatorias, por exemplo no desenvolvemento dos supostos prácticos do A2 e A1,  que vos convidamos ler. Iso sí, seguen coa teima dos temas abertos e non por normas. Dan de prazo ata o vindeiro 26 de xaneiro pra presentar alegacións. Prazo ampliado até o 30 de xaneiro ás 14:00h.

Descargar borradores:

Ningún comentario:

Publicar un comentario