martes, 29 de maio de 2018

Máis de 300.000€ da Consellaría de Medio Rural en convenios de publicidade institucional

No DOG do 29 de maio publicáronse os convenios subscritos pola Consellaría de Medio Rural no primeiro cuadrimestre deste ano. 

Do total dos 19 convenios que aparecen, 11 son con diferentes empresas de comunicación privadas "para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia." O custo de tales convenios para as arcas públicas é de 313.000,02€. A recordar cando vos digan que "non hai cartos para..." e a recordar cando vexades (ou non) determinadas novas ou determinados editoriais nestes medios.

No primeiro lugar do podium, coma sempre, atópase La Voz de Galicia, S.A. que se leva case o 50% do total dos cartos (149.899,12€), en segundo lugar co 20% (63.316,93 €) atópase Faro de Vigo, S.A.U. e coa medalla de bronce e un 8% (25.765,76€) do total está El Progreso de Lugo, S.L..

Ás axudas que xa se publicaban a comezos de ano van xuntándoselle, entre outras, estas en forma de "convenios de colaboración" das diferentes consellarías. Como xa temos denunciado, estes convenios aínda que legais resultan unha presunta fraude. No proceso non existe maior colaboración que a Xunta paga e o medio publica o que esta lle "suxire"; o cal semella máis ben un contrato de publicidade en toda regra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario