Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 18 de febreiro de 2019

A EGAP convoca o Plan de autoformación con 42 propostas

  • O prazo para presentarse ás probas de autoavaliación remata o 18 de marzo.
  • O acceso aos contidos estará aberto até o 20 de decembro

Os cursos organizados no marco deste Plan diríxense a todo o persoal empregado público de Galicia e están relacionados coas seguintes áreas temáticas: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa; comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades; Plan formativo ofimático; réxime xurídico e actividade financeira das Administracións públicas, e políticas públicas e procedementos comunitarios da Unión Europea. O obxectivo é ofrecerlles a opción de adquirir coñecementos dun xeito máis independente.

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse na web da EGAP en calquera momento dende o martes 19 de febreiro ata o 20 de decembro deste ano. Non hai límite respecto do número de actividades nas que matricularse nin en canto ás datas nas que realizalas.

As persoas que completen estes cursos poderán acreditar a súa competencia mediante unha proba voluntaria que lles dá dereito a obter un certificado de equivalencia; o prazo de presentación das solicitudes para participar nas probas de avaliación (en 5 como máximo) é de 20 días contados a partir do día seguinte ao da resolución do DOG 18-02-2019, ou sexa, até o 18 de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario