Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 1 de abril de 2019

E por que non unha promoción interna como a funcionarización?

No Acordo de concertación que asinaron CCOO e UGT xunto coa Administración, establecen un proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo. Ao fío deste proceso, que sería unha promoción interna horizontal, a Xunta e os asinantes do acordo establecen unha promoción interna vertical encuberta para determinadas categorías subíndoas de subgrupo.

Nese proceso a maioría das categorías de persoal laboral quedan fóra da reclasificación, e por suposto, todo o persoal funcionario, pero o certo é que esa reclasificación a van facer e non parece haber ningún impedimento.

De aí, que si se pode facer para determinadas categorías de persoal laboral tamén se poderá facer para todo o persoal funcionario que voluntariamente acepte. E máis cando no borrador da OEP de 2019 só se contemplan 263 para a promoción interna das 2.653 totais de todos os corpos, xerais e especiais, e escalas. 

Por iso convidámoste a reflexionar sobre por qué non unha promoción interna como a funcionarización:
  • Sen límite de prazas. Cada persoa promocionaría no seu propio posto.
  • Onde cada un compita consigo mesmo, mediante un sistema de concurso oposición.
  • Cunha batería de preguntas previa de 700 para o grupo A2 e 100 para o C2.
  • Para todos os corpos e escalas que teñan unha continuidade no corpo ou escala seguinte. Excepto para as que teñan unha natureza e condicións distintas onde habería que facer unha toma de posesión nunha vacante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario