Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 2 de abril de 2019

Xa está en marcha o maratón profesional na Xunta, con dificultades técnicas adicionais

Xa está en marcha o maratón profesional na Xunta.
O pasado 28 de marzo publicouse no DOG a orde que regulamenta o acceso extraordinario ao grao I para persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo (co chantaxe engadido de que adquira o compromiso de funcionarizarse...).

O luns, 1 de abril, abriu oficialmente a aplicación no Portax para facer as solicitudes e xa tivemos un montón de queixas sobre os problemas técnicos para solicitala ou simplemente para acceder ao propio Portax a facer outras xestións alleas á carreira profesional.

As solicitudes están acumulándose todas nestes primeiros días con expectativa de que entre así xa na nómina de abril. Cómpre recordar que o prazo para solicitude é de 4 meses e que a carreira cobrarase, de ter dereito, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro. En todo caso, demandamos a Función Pública que informe polo miudo desta situación e a corrixa canto antes para non perxudicar os nosos dereitos.

Por último, recordar que tamén a semana pasada foi admitido a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto pola CIG ante o acordo do que nace esta definciente (e ilegal) carreira profesional. De novo, insistimos en que é preciso renegociala e achegarnos ao que teñen, por exemplo, as compañeiras e compañeiros do Sergas, onde a CIG si votou a favor.


Ningún comentario:

Publicar un comentario