Na xuntanza de delegadas e delegados do persoal laboral da Xunta de Galiza, convocada para o 6 de outubro polo Comité Intercentros, adoptouse a decisión de organizar unha xornada de mobilización o vindeiro 26/11/2015 dende o Parlamento de Galiza.
Este acto de protesta, apoiado por unha importante representación dos comités de empresa provinciais, é para esixir a derrogación da lei 1/2012 de medidas temporais para o emprego público de Galiza, a recuperación do art. 19 do convenio colectivo, a negociación colectiva, entre outros.
O desenvolvemento da mobilización:
- 10:00h: o comité intercentros e delegados/as presentarán na oficina da Valedora do Pobo sinaturas de protesta contra os recortes, falarase cos medios de comunicación e cunha representacións dos grupos parlamentares.
- 10:30h saírá a manifestación para encamiñarse ata o edificio administrativo de San Caetano onde rematará entre as 12.00 e 12:30
Ningún comentario:
Publicar un comentario