Onte recibíamos unha convocatoria para unha Mesa Xeral Extraordinaria co punto único do "Estudo do anteproxecto relativo á masa salarial do capítulo I do proxecto da lei de orzamentos da Xunta de Galiza pra o ano 2016". Esta Mesa Xeral será venres, 16 de outubro ás 13:00h na EGAP. Non hai documentación.
Por outra banda, chaman desde a Consellaría de Facenda para facer xoves, 15 de outrubro, ás 16:00h, unha reunión previa co conselleiro, antes da Mesa Xeral, sobre este tema. Tampouco mandan documentación
Volverán a comentarnos que se "limita a facer o que mandan de Madrid"? De que subirán o 1% das básicas e, se volven permitir desde Madrid, recuperaremos o 50% da paga extra 2012? De, como avanzou Feijóo, van facer uns concursos máis "áxiles"? Haberá algunha migalla máis?
Tanto secretismo para decirnos o de sempre, para facer as cousas igual que sempre. Imos terlle que dedicar a canción de Raphael: Que pasará!? Que misterio haberá!?
Ningún comentario:
Publicar un comentario