Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 26 de outubro de 2015

Concentracións contra a violencia machista: 26 de outubro ás 20 horas

A CIG fai un chamamento a participar nas concentracións convocadas polo feminismo galego para este luns, día 26 de outubro, ás 20:00 horas, baixo o lema “Xuntas remataremos co Patriarcado criminal!” en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Pontesampaio, a sétima asasinada, pero a oitava vítima da violencia machista este ano en Galiza. Un crime que ven de sumarse a outros tres asasinatos en apenas 48 horas no estado español.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

 Lugares das concentracións do 26 de outubro, ás 20 horas:

 - A Coruña, Obelisco.

 - Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño.

 - Ferrol, Praza do Concello.

 - Lugo, Praza do Concello.

 - Ourense, Castañeira (Subdelegación do Goberno).

 - Pontevedra, diante da Audiencia Provincial, R/ Rosalía de Castro.

 - A Pobra do Caramiñal, Cantón da Leña

 - Vigo, no Marco.

 - No caso do Morrazo, convocan concentración para mañá martes 27 de outubro, en Marín, ás 20:30 horas na Praza 8 de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario