Na reunión do pasado 2 de outubro os representantes da Administración informaban que para esta semana probablemente nos informaran sobre o que nos afecta dos Orzamentos da Xunta para o ano que vén, ou sexa, capítulo I: retribucións. En
calquera caso, deberan informarnos antes do 20 de outubro que é o límite do Consello da Xunta para aprobar o proxecto de lei e remitirllo ao Parlamento; momento no que xa teremos acceso como resto dos mortais á dita información.
Recordade que a Administración Xeral do Estado recolle nos seu proxecto de Orzamentos para 2016 unha suba dun 1% das
retribucións do persoal público. Polo menos, en canto as retribucións básicas, os orzamentos galegos deberían recoller tamén esa microsuba (con relación a todo o que perdimos nos últimso 5 anos).
Outra cuestión que deberían reflectir os Orzamentos galegos sería tanta promesa como levamos escoitado en declaracións públicas dos representantes da Xunta no último mes: 1) o de "ir recuperando o
complemento específico nas pagas extras" (en principio falaran dun 33%
no 2016 e mesmo adiantaron recentemente que recuperaríamos o 100% xa no 2017 sen agardar ao 2018) e 2) que ao longo do 2016 imos a cobrar o resto do 50% da paga extra de nadal de 2012.
A realidade de estes compromisos poderemos intuila no Proxecto de Lei de Orzamentos e na pasta que metan nese fondo de recuperación retributiva que crea a lei de emprego público de Galiza e do que decidan sacar para o 2016. De momento o único que sabemos é que o teito de gasto autorizado subiu en 438 millóns pero non sabemos se chegará para pagar todo o que a maiores di a Xunta que vai facer neste último ano de Goberno...

Por suposto que queda moitos dereitos por recuperar, e volvémos repasalo na seguinte ligazón. Porén, para ser como son, chegaría con que cumpriran o que prometen, que xa non é demasiado vendo todo o que nos roubaron. Entre outros dereitos, o dos días adicionais por antigüidade (vacacións e moscosos) dos que tamén esta semana íamos recibir unha proposta de modificación da lei de emprego público e, a este ritmo, casi parece que vaia acabar na lei de acompañamento dos Orzamentos.
En calquera caso, e vendo
os recentes toques de atención da UE sobre o desvío das cifras de
déficit marcadas para o conxunto das Administracións públicas do estado
español, pode que unha vez pasadas as eleccións xerais todo aquelo de
recuperar "o ouro e o mouro" no 2016 ou mesmo 2017 (que falaba a Xunta
para o específico nas extras), quede en nada ou mesmo en novos recortes
para as traballadoras e traballadores públicos. Ao fin e ao cabo, xa temos experiencias pasadas do rápido que se modifican as leis, tamén as de Orzamentos, para quitarnos dereitos.
Hai que ter en conta, a este respecto, que as cifras de déficit son para o conxunto das Administracións públicas e que desde Madrid, unha vez pasada a euforia das urnas, poden recaer novos recortes básicos. Iso por non falar que o de recuperar o da paga extra 2012 vai ir a golpe do que autoricen tamén desde o Goberno central, dado o carácter básico do recorte, polo que entendemos como moi arriscado esa afirmación desde a Xunta de que en 2016 cobraríamos ese outro 50%, máis tendo en conta os avisos da Comisión Europea sobre non cumprir co déficit.
En fin, aquí xúntase a tormenta perfecta co tema dos Orzamentos estatais e galegos pero tamén coas eleccións, as xerais e as galegas, e os recortes que poidan sobrevir tras as distintas citas eleitorais traspostos desde Bruxelas, Madrid ou mesmo propios do noso país como é o de non cobrar as pagas extras completas. O panorama segue sendo incerto e as reivindicacións continúan sendo necesarias.

Ningún comentario:
Publicar un comentario