Algunhas das "escusas" mesmo son un insulto para a profesionalidade do colectivo de persoal funcionario
Achéganos o director xeral da Función Pública o 2º borrador dos “Criterios de excepcionalidade para aplicar a postos de nivel 28 (ou equivalente) en desenvolvemento do artigo 91 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia”. Descargar

A este novo borrador din ter incoporadas incorporadas en cor vermella "algunhas das alegacións presentadas polas organizacións sindicais". Este novo borrador remíteno para que formulemos novas alegacións ata o 8 de xaneiro de 2016.
Por tanta insistencia, está claro que queren sacalo con algún apoio. Porén, como podedes observar as modificacións son minúsculas e este documento non é aceptábel, nin con elas nin sin elas, pois o fundamental sigue aí: a excepcionalidade para cubrir discrecionalmente estes postos, mesmo algúns inferiores, non é tal e o método ordinario (concurso específico) está diseñado de xeito moi parecido ao sistema excepcional. Ou sexa, que o excepcional na Xunta case que é a cobertura de postos por criterios obxectivos, ou sexa, os concursos de traslados.
Por outro lado, algunhas das "escusas" que poñen como criterios para a discrecionalidade absoluta á hora de cubrir estes postos resultan un insulto para a profesionalidade do colectivo de persoal funcionario. Poñamos como exemplo o de "manexar datos de especial protección" ou "información reservada". Onde fica o deber de sixilo e segredo profesional? Quere dicir eso que o persoal funcionario non se pode formar e adquirir os coñecementos necesarios en protección de datos? Quere dicir iso que a valoración da preparación do persoal funcionario non se establece de xeito meritorio, obxectivo e curricular senón que se estamos ou non preparados para unha determinada tarefa apreciao mellor un alto cargo con vista de raios X?
E o de ser LD por "garantir o adecuado exercicio de funcións de autoridade administrativa ou de limitación de dereitos fundamentais"? agora resulta que unha persoa escollida a dedo vai garantir máis efecazmente "os dereitos fundamentais" ou a "prevención da corrupción adminstrativa" (así o pon de literal no texto). Sendo así, toda a maxistratura debería ser escollida a dedo e non por oposición. En fin...
Non esquazamos tamén o de atribuirlle "funcións directivas" a un nivel 28. Pero imos ver, para que crearon entón por lei a figura do persoal directivo (nivel 30)? Ou a función de "representación institucional en substitución dun alto cargo"? Igual é que os altos cargos deberían asumir o choio que non fan, como o de ir ás mesas xerais ou comisións de persoal, entre outras, ou delegar noutro alto cargo ou nun persoal directivo para facelas.
Non é aceptable nunha Administración ao servizo da cidadanía este grado de politización, de primar a confianza por riba do mérito. E o peor é que alternativa a esta excepcionalidade non é moito mellor xa que a lei establece que as xefaturas de servizo, e mesmo postos inferiores, se poidan cubrir mediante un concurso específico que ten un alto compoñente de dedismo e ademais cun mínimo de 5 anos de cobertura blindada por lei.
Parafraseando a Feijóo, se queren aos mellores, seleccionen aos mellores, non aos de máis confianza.
Novas relacionadas:

Ningún comentario:
Publicar un comentario