Achéganos a Secretaría Xeral da Presidencia unha modificación da RPT dos seus órganos superiores (Emigración, Medios, Deportes e a propia SX da Presidencia). Dan de prazo para facer alegacións ata o 14 de decembro.
Nesta proposta avánzase na estratexia da Xunta de inverter a súa pirámide de recursos humanos, amortizando unha pila de postos base para crear postos de nivel. A nivel de promoción profesional é positivo ter postos de niveis 18 e 25 aos que poder concursar pero non a costa de seguir segando por abaixo. Con esta política estamos vendo situacións de servizos sen ninguén debaixo ou con moi poucas persoas e mesmo sen ningún posto base e logo virán as subcontratas (con ou sen 3%), as asistencias técnicas ou encomendas de xestión.
Punto e aparte merece a obsesión pouco acreditable obxectivamente coa "experiencia en" no apartado de formación, a titulitis en determinados postos con determinadas carreiras universitarias como Dereito ou a inclusión da nova figura do concurso específico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario