É necesario un Plan de Recuperación do Emprego que permita garantir unha sanidade, ensino, servizos e administración públicos e de calidade.
Concentración de delegadas e delegados da CIG-Área Pública este martes ás portas do Parlamento de Galiza coincidindo coa sesión de debate e aprobación da Lei de Orzamentos para 2016. Uns orzamentos continuístas porque seguen recortando os servizos públicos, as condicións laborais do persoal dependente da Xunta de Galiza e non garanten a cobertura de todas as vacantes que se produciron ao longo destes anos.
Nestes orzamentos, o goberno galego limitouse a facer unha transposición literal do aprobado no Estado español". Así o explicou a portavoz, María Carme López Santamariña, quen sinalou que o único que se recolle é unha suba salarial para as traballadoras e traballadores do 1%. Unha porcentaxe que considerou “absolutamente insuficiente, coa que nos están vendendo que recuperamos os nosos salarios, cando levamos acumulado desde o ano 2010 un descenso do 30%”.
Por iso, López Santamariña asegurou que o goberno do PP na Xunta de Galiza, con estes orzamentos non permite “nin recuperar a parte salarial, nin os dereitos do persoal das administracións públicas e moito menos os servizos públicos”.
Taxas de reposición
Con respecto ás taxas de reposición, que nos orzamentos se amplían ata o 100% para servizos esenciais, saúde ensino e servizos básicos, López Santamariña considerou que son insuficientes. “Con todo o emprego público que se leva destruído é ridículo que só se repoñan as baixas producidas en 2015”, afirmou.
Fronte a iso a Área Pública demanda da Xunta de Galiza que se poña en marcha un Plan de Recuperación de Emprego en todos os servizos públicos porque “a día de hoxe atopámonos que non só que falte moito persoal e postos de traballo, senón que moitos servizos públicos teñen desaparecido”.
López Santamariña denunciou ademais que en Galiza “temos o agravante de que o señor Feijoo segue machacándonos, considéranos empregados/as de segunda e de terceira categoría, xa que segue a manter os recortes nas nosas pagas extra”.
A este respecto lembrou que o persoal da administración pública mantén diferenzas salariais con respecto ás traballadoras e traballadores do Estado en Galiza, co engadido de que só o persoal da Xunta ten unha merma a maiores do 7%. “O 2016 tiña que ser un ano de igualarnos ao resto dos traballadores da administración do resto do Estado, que si cobran as pagas extra completas”.
Chamamento á reflexión
Por iso fixo un chamamento á reflexión ao goberno galego para que o PP “no canto de aplicar o rodillo, como nos ten acostumados/as, impoñendo todas as condicións que eles queren” sente a negociar “non só no relativo a retribucións e dereitos laborais, senón tamén no referido ao funcionamento dos servizos públicos”.
A portavoz da Área Pública concluíu demandando a derrogación da Lei de Medidas, a convocatoria das mesas de negociación e a que nunca máis se presenten uns orzamentos tan “antisociais e anti servizos públicos”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario