Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 15 de marzo de 2016

13.882 persoas competirán definitivamente por unha das 89 prazas na Xunta en datas aínda por determinar

Pica na imaxe para ampliar
Desas 13.882, 58 veñen da quenda non separada de promoción interna.

Non era sen tempo e case 9 meses despois da convocatoria publican as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para os procesos selectivos de corpos xerais de persoal funcionario. Recordamos que as convocatorias foron publicadas no DOG do 18 de xuño de 2015.

As últimas prevsións do director xeral da Función Pública seguen falando de xuño para os primeiros exames destes procesos selectivos pero sen concretar datas.  Pendentes de determinar están tamén as datas dos exames da quenda separada de promoción interna, na que 2012 persoas disputaránse unha das 320 prazas e que segue afirmando que serán en maio. Confiamos que serán neses meses? Pois vendo os precedentes dos procesos selectivos na Xunta non dan demasiadas razóns para confiar ata que non as vexamos publicadas. Porén,  vaise achegando o límite da data da cita eleitoral galega e sempre quedan ben unhas fotos na prensa e vídeos na tele de exames multitudinarios en Silleda durante varias semanas en plan "estamos estimulando o emprego público".

A realidade é outra, a realidade que se esconde detrás de 13.882 para 89 prazas é moi triste. A dificultade para atopar un traballo digno na nosa terra é a explicación lóxica a estes altos niveis de participación nestes procesos selectivos a pesar da incerteza das súas convocatorias, da incerteza dos seus exames e e da incerteza da data da súa resolución, así como a pesar da volta aos temarios abertos ou da subxectividade da maioría das súas probas. Os número son claros: as ratios de persoas opositoras por praza só baixa de 100 no A1 e na quenda de persoas con discapacidades do A2. É máis, no C1 ata pasa de 200 persoas por praza e no A2 e C2 anda moi preto.

Desas 89 prazas, 25 veñen xa da Oferta de Emprego Público de 2013 (as do A1 e A2) e 64 da Oferta de Emprego Público de 2015 (as do C1 e C2). Ademáis, desas 89 prazas, 7 son para a quenda de promoción interna (4 para A1 e 3 para A2). Nesta quenda hai admitidas definitivamente 14 e 44 persoas que proveñen dos subgrupos inferiores. En calquera caso, o feito de que non haxa nota de corte separada implica que esas prazas poden acabar acumulándose á queda de acceso libre.

Recurso e devolución de taxas

Contra estas resolucións poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o 16 de marzo. De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de exclusión por causa imputable aos aspirantes.

A1: Resolución DOG; listaxes persoas admitidas (libre; promoción interna); listaxe persoas excluídas
A2: Resolución DOG; listaxes persoas admitidas (libre; promoción interna); listaxe persoas excluídas
C1: Resolución DOG; listaxe persoas admitidas; listaxe persoas excluídas
C2: Resolución DOG; listaxe persoas admitidas; listaxe persoas excluídas

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario