No DOG do mércores, 30 de marzo de 2016 publicouse a resolución da Dirección Xeral da Función Pública, cos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2015, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
Esta axuda é incompatible coa do artigo 35 do V Convenio Colectivo para o persoal laboral. E isto é todo o que queda da "Acción Social" nesta empresa chamada Xunta de Galiza tras a lei de medidas "temporais".
As solicitudes cubrense electrónicamente a través desta ligazón, imprímense e logo hai que presentalas nos servizos de persoal para a súa certificación. Finalmente presentaranse por rexistro.
Ollo cos prazos!
- Xeración de solicitudes e presentación en servizos de persoal: do 30 de marzo ata o 21 de abril de 2016
- Certificar as solicitudes (prazo dos certificadores): do 30 de marzo ata o 10 de maio de 2016
- Presentación por rexistro: do 30 de marzo ata o 30 de maio de 2016
Información sobre o fondo de acción social
Teléfonos: 981 545 234, 881 999 368, 981 545 912
Correo-e: fas@xunta.es
Teléfonos: 981 545 234, 881 999 368, 981 545 912
Correo-e: fas@xunta.es
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario