Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 4 de marzo de 2016

Mobilizacións do 8 e 10 de marzo

A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora e do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega.

Enfrontamos ambas datas nunha situación de fonda preocupación polo noso futuro como clase e como pobo galego, motivada pola perda de miles de postos de traballo, polo deterioro das nosas condicións laborais e sociais, polos ataques contra os nosos dereitos por parte dos distintos gobernos.

Por iso facemos un chamamento a encher as rúas de Galiza de traballadoras e traballadores esixindo a retirada das reformas laborais implantadas ao abeiro da crise, das reformas fiscais que incrementaron directamente as desigualdades, reclamando ao aumento da capacidade distributiva do sector público, parello a uns servizos sociais públicos e de calidade, ou a anulación da reforma das pensións, de negociación colectiva, ou da lei de seguridade cidadá, entre outras.

A loita de Amador e Daniel segue vixente, como tamén as revoltas obreiras de mulleres en todo o mundo que deron orixe a conmemoración.

A loita continúa! Viva a clase obreira galega! Viva a loita das mulleres! Por unha Galiza ceibe e sen explotación, vémonos na rúa!

MOBILIZACIÓNS 8 DE MARZO:
A CORUÑA, na Praza de Lugo, na esquina do Zara Home, ás 12 h
FERROL, diante da Confederación de Empresari@s, no Cantón, ás 12 h
SANTIAGO, diante do Zara na Praza de Galiza, ás 12 h
VIGO, diante do Stradivarius na Avenida de Urzaiz, ás 12 h
PONTEVEDRA, na Praza 8 de marzo, ás 12 h
LUGO, diante da Confederación de Empresari@s, en Santo Domingo, ás 12 h
OURENSE, diante do Gadis da Rúa do Concello, ás 11 h


MOBILIZACIÓNS 10 DE MARZO:
A CORUÑA, Concentración diante da Subdelegación ás 11:30 h
FERROL,MANIFESTACIÓN NACIONAL ás 19:30 h desde o local da CIG, na Avenida de Esteiro
SANTIAGO, Manifestación ás 20 h desde a Praza Roxa
VIGO, Manifestación ás 20 horas desde a Doblada
PONTEVEDRA, Manifestación ás 12 h desde a Praza da Ferrería
LUGO, Concentración ás 12 h diante da Subdelegación do Goberno (Praza de Armanyá)
OURENSE, Concentración ás 11:30 h diante da Subdelegación


Ningún comentario:

Publicar un comentario