Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 24 de novembro de 2016

Solicitude de reunión coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Homologación salarial do persoal laboral informático. concurso de traslado, días de teletraballo, centros de destino na RPT e as esaxeradas privatizacións serían os temas a tratar.


A CIG solicitou unha entrevista urxente coa xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para tratar a homologación salarial do persoal laboral informático. Esta situación, que se remonta ao ano 1993,  foi exposta reiteradamente pola representación da CIG en varias reunións coa AMTEGA e da Xunta, sen que até o momento as persoas responsábeis teñan convocado unha reunión para chegar a unha solución.

A CIG considera que a proximidade da presentación do orzamento para o ano 2017 é o momento oportuno para lograr definitivamente a resolución dese problema encaixando a solución no próximo orzamento.

Polo que dende a CIG solicitamos a convocatoria dunha mesa de negociación para resolver este asunto de xeito inmediato, sen olvidar outros temas pendentes como: concurso de traslado, días de teletraballo, centros de destino na RPT, privatizacións...

Novas relacionadas:


Ningún comentario:

Publicar un comentario