A CIG-Administración vén de renovar o convenio coa Academia Postal que ofrece unha serie de descontos para a afiliación na preparación dos programas e probas dos procesos selectivos para acceso ao emprego público das sistintas Administracións Públicas.
A academia Postal pediralle ao alumnado a xustificación de estar afiliados/as á CIG. Os descontos serán os seguintes:
- 50% no importe de matrícula no centro.
- 10% no importe de material correspondente ao grupo de preparación.
- 10% na mensualidade correspondente ao grupo de preparación cando o número de persoas afiliadas a CIG-Administración Pública matriculadas no Centro, na mesma oposición, sexa igual ou superior a cinco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario