Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 8 de xuño de 2017

Reunión coa xerencia da AMTEGA: aleivosía, premeditación e mala fe

Despois de máis de un ano solicitando a xerencia da AMTEGA unha reunión para tratar diversos temas pendentes, hoxe chegounos un correo convocando a unha reunión para tratar unha modificación da RPT o luns 12 de xuño ás 14 horas.

A hora da reunión deixa clara as súas intencións, cumprir o requisito legal de "escoitar" ás organizacións sindicais e logo aprobar o que lle pete... O caso é non tratar os temas pendentes desde a última reunión en febreiro de 2016 (que foi polo mesmo motivo, unha modificación da RPT).

Desta vez a modificación da RPT que nos expoñen consiste en:
  •     Amortizar 2 postos vacantes.
  •     Creación de 3 postos. 2 deles obrigados por sentenza xudicial.
  •     Eliminar observacións dun posto.
Achegamos a documentación proporcionada pola AMTEGA: memoria funcional e listado equivalencias.

Desde a CIG solicitamos a AMTEGA un cambio na hora da reunión para poder tratar os temas pendentes:

  •  Homologación salarial do persoal laboral informático. Situación que se remonta ao ano 1993 e que os representantes da CIG expuxeron reiteradamente en varias reunións cos representantes da AMTEGA e da Xunta, sen que até o momento eses responsábeis teñan convocado unha reunión para chegarmos a unha solución definitiva.
  • Concurso de traslados. O último resolveuse o 02/04/2014, hai xa tres anos. Teremos que esperar oito anos coma a vez anterior?
  • Teletraballo. Seguimos igual neste tema. Ás persoas que solicitaron até tres xornadas por semana só se lles concede unha. Isto xa chegou á institución do Valedor do Pobo.
  • Centros de destino na RPT. Solicitamos a modificación da RPT para crear diferentes centros de destino, de xeito que reflicta a realidade das variadas localizacións e a dispersión do persoal, sobre todo no caso de Santiago de Compostela.
  • OPE Informática. Ausencia e non convocatoria de postos de informática nas últimas OPE da Xunta. Mentres noutras administracións se incrementou a oferta nos últimos anos, na Xunta é inexistente. Por exemplo, na AGE convocáronse nos últimos tres anos máis de 700 postos de persoal informático.
  • Varios: centros de traballo nos que o persoal informático está amoreado, con humidades e cambios de temperatura brusca; oferta formativa específica escasa; funcionarización do persoal laboral informático; creación do grupo B; contratación externa salvaxe das tarefas do persoal informático en empresas amigas...
Contigo e coa CIG, a loita continúa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario