Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 13 de xuño de 2017

Educación afórralle aos cáterings privados o custo de contratar persoal coidador e obriga ao persoal da Xunta a facer esas funcións

O sector da Autonómica da CIG presentou un escrito o día 9 de xuño ante a Secretaría Xeral Técnica de Educación e a DX de Centros e RRHH denunciando unha manobra para aforrarlle cartos aos cáterings privados. 

Segundo o Decreto 132/2013 de comedores, teñen a obriga de aportar persoal, no caso de xestión indirecta, as outras Administracións Públicas ou entidades privadas contraten os servizos dos cáterings. Pero a Xunta o que fai é poñer ao seu persoal propio ao servizo das empresas privadas.

A CIG pide a suspensión da instrución e que Educación se sente a negociar. 

Mediante a Instrución 8/2017 do 30 de maio de 2017, conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se regulan as funcións a desenvolver polo coidadores de NEES nos comedores escolares existentes nos centros de Ensino Público, estes centros directivos da Conselleira de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, regulamentan as condicións de traballo dunha categoría de persoal laboral do V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galiza, SEN NEGOCIALAS PREVIAMENTE.

Esta instrución, ademais:

1) Contravén o disposto no DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación, en determinados aspectos, eximindo ás empresas de cátering de organizar e prestar de xeito exclusivo os labores de atención e coidado do alumnado nos comedores e cargando ese traballo sobre o persoal coidador da Xunta de Galiza.

2) Atribúe funcións impropias a este colectivo de persoal da Xunta, de convenios colectivos que nin son propios nin son de orixe, nin dispoñen o citado, tal e como é o antigo Convenio Colectivo do Ministerio de Educación.

3) Fomenta a división entre o colectivo recorrendo a envexa como argumento irracional para falar de agravio entre os compañeiros/as que prestan os seus servizos en comedores públicos fronte aos que non teñen que facelo por estar privatizado o comedor.

4) Utiliza un tono laudatorio do persoal coidador e das funcións e tarefas deste persoal como elemento de importancia relevante, non para recoñecelo laboral ou profesionalmente, senón só para atribuírlle o traballo que tiñan que facer as empresas de catering.

Por todo isto, a CIG vén de solicitar que se deixe sen efecto a instrución e manter unha xuntanza coas persoas responsables da consellaría co fin de levar ao ámbito correspondente materias propias da negociación colectiva. De non ser así, a CIG valorará as accións legais oportunas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario