Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 13 de xullo de 2017

Primeira sentenza xudicial que recoñece a indemnización por despedimento ao persoal funcionario interino

Aquí para descargar a sentenza


Desde a famosa sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea da que emanou a doutrina "Diego Porras" foron bastantes as sentenzas do contencioso que negan a aplicación da dita doutrina ao persoal funcionario.

En poucas palabras, o TXUE viña a decir que non se pode discriminar ao persoal na súa indeminización por despido polo feito de ser temporal. Isto tiña unha aplicación directa ao persoal laboral pero non tanto ao persoal funcionario; para este os xulgados viñan dicir que non cabe a comparación co persoal laboral fixo senón co persoal funcionario de carreira e que como este non ten dereito a indemización algunha pois o mesmo (nada) para o persoal interino.

Porén, do Contencioso-Administrativo Nº2 da Coruña vén de emanar unha sentenza novidosa en canto remata coa discriminación da apliación da doutrina fallando a favor do persoal interino. Para entendelo ben, recomendamos a lectura do seguinte artigo de Ignasi Beltran desde o que ademais podedes enlazar con outro do profesor Joaquín Pérez Rey.

Esto pode supoñer botar por terra os plans da Xunta da funcionarización masiva e forzosa do persoal laboral temporal co obxecto de novar miles de relacións laborais e aforrarse os cartos dos futuribles despedimentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario