Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 20 de xullo de 2017

Resumo da Mesa Xeral do 17/07/2017: "antes de fin de mes"

Na Mesa Xeral do 17/07/2017 tratáronse os seguintes puntos: RPT de Política Social, RPT de Sanidade, RPT de AMTEGA, Decreto creación e estrutura da Axencia Galega de Industrias Forestais e Estatutos do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galiza. 

En varios, tocáronse temas como outras RPTs pendentes, concursos, procesos selectivos pendentes ou as listas de substitución. Moito "antes de fin de mes" como resposta a varios temas pendentes...

RPT Política Social
  • Tivemos xuntanza o venres onde a CIG xa expuxo as súas alegacións. Non houbo cambios. Mantemos todo o dito. 
  • A nosa postura é de que se eliminen as áreas funcionais, pero en todo caso non nos gusta como o están a xestionar (exclúen aos postos base, aparecen postos que anteriormente non tiñan mérito ou requisito algún, non indican os criterios que seguiron para adxudicarllo a cada posto).
  • A rebaixa do requisito de galego aos postos abertos a outras administracións pode traer problemas xudiciais. 
  • Descentralización dos inspectores de servizos sociais e supresión do curso como requisito imprescindíbel.
Informa o director xeral de Función Pública que están a elaborar outra RPT a presentar a partir de setembro.

​RPT Sanidade

Sanidade menciona uns cambios nas áreas funcionais (comunicarán os cambios por correo electrónico máis adiante). Substitúen o requisito imprescindíbel do persoal veterianrio por mérito.
  • Tivemos xuntanza o venres onde desde a CIG xa expusemos todo. Houbo pequenos cambios. Mantemos todo o manifestado. 
  • A nosa postura é de que se eliminen as áreas funcionais, pero en todo caso non nos gusta como o están a xestionar (exclúen aos postos base, aparecen postos que anteriormente non tiñan mérito ou requisito algún, non indican os criterios que seguiron para adxudicarllo a cada posto). 
  • A rebaixa do requisito de galego aos postos abertos a outras administracións pode traer problemas xudiciais.
  • Non apertura a corpo xeral e estatutario da subdirección de inspección, auditoría e acreditación de servizos sanitarios. No seu lugar, que abran ás dúas escalas sanitarias.
  • Conformes co cambio do requisito do persoal veterinario pero prefeririamos a súa eliminación.

​RPT AMTEGA
  • Remitímonos ás alegacións presentadas. 
  • Que estruturen AMTEGA de centros de destino en Servizos Centrais. 
  • Solicitamos que revisen a RPT pois non coincide co numero de postos dotados orzamentariamente. Consideramos que existe orzamento dun posto do grupo I de laborais, polo que de ser así non faría falta amortizar o posto que propoñen. Informa o xerente que están a revisalo.
Informa o xerente que antes de finalizar o ano presentarán unha nova RPT para adaptarse ás áreas funcionais e LEPG. Revisarán os méritos.


Decreto creación e estrutura da Axencia Galega de Industrias Forestais

Secretario Xeral:
  • Están a estudar as alegacións dos sindicatos. En breve pasaranos o que aceptan.
  • Queren levalo a consello da Xunta a finais deste mes.
Solicitamos que retiren ao persoal estatutario, puidendo estar composto únicamente por persoal laboral e funcionario.


Estatutos do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galiza

Traen unha adaptación do consorcio á LOFAXGA. Este ente público está formado pola Xunta e as tres universidades galegas. Dispón de 10 (segundo DXFP) ou 17 (segundo un traballador) persoas. Non teñen comité nin delegados. Son persoal propio do consorcio, pero están acollidos ao V Convenio Colectivo da Xunta (incluíndo dereitos, retribucións, etc.).

Desde a CIG limitámonos a derivar o asunto, por cuestión de ámbito competencial, ás nosas compañeiras e compañeiros de ensino ou universidades. Deron de prazo para alegacións ata o mércores 19.


Rogos e preguntas

Chamamentos das listas do Sergas: Informa o director xeral da Función Pública que o martes 18 levarán á comisión de listas a modificación dos chamamentos para que cando unha lista estea esgotada, antes de chamar do INEM poidan chamar polas listas do SERGAS. Di que teñen problemas en ATS. As persoas do Sergas que non aceptasen non serían penalizadas nas súas listas.

Tomas de posesión corpos xerais-libre: informa o director xeral que queren seguir o criterio de 1º comezar polo grupo superior, e 2º primeiro promoción interna e despois libre. En A1-libre xa está presentada toda a documentación. A alternativa de facer agora a elección de destino de A2, C1 e C2 de libre e deixar A1 para máis adiante, podería impedir que algún persoal funcionario de A1 que tamén aprobase A2, C1 ou C2 non renuncie a estas últimas, o que evitaría que entrase algún outro opositor. Así que a alternativa é adialo para setembro.

Postos toma de posesión A1 promoción interna: O prazo para presentar a documentación de A1-P.I. remata o 26 de xullo. *Envían posteriormente a listaxe de postos que se ofertarán para a elección de destino no subgrupo A1 (promoción interna). Os criterios para a súa determinación son os mesmos que os utilizados nos subgrupos A2, C1 e C2 (promoción interna). (ver listaxe de postos para ofertar)

Plan de loita contra o fraude: lembramos ao director que quedara en darnos información. Contesta o director que antes de fin de mes dará información... Serán máis prazas que as que había no anterior plan.

Oposicións C2-libre: solicitamos información do estado do informe da asesoría xurídica. O director xeral contesta que non ten novas...

Convocatorias de Mesa Xeral: solicitamos que entre xuntanza previa e mesa xeral nos deixen como mínimo un día laborábel.

Procesos selectivos pendentes: solicitamos información de diversos procesos. O director xeral contesta que antes de fin de mes teremos unha xuntanza, onde nos facilitarán un cronograma coa súa previsión...

RPT Medio Rural: solicitamos información do seu estado de tramitación. O representante da consellería dixo que contaban con levala a negociación en setembro.

RPT Cultura: solicitamos información do seu estado de tramitación. Contesta o director xeral da Función Pública que a parte de persoal funcionario xa está rematada. Pendente algunha parte, poderían enviarnola este mes (pero é improbable).

Redución temporalidade: solicitamos información de que van facer cos ámbitos que están fora do acordo, así como dos criterios da OEP. Contesta o director xeral da Funición Pública que recibiron un do Goberno do estado español onde lles indicaban que nos próximos días recibirían un borrador de criterios para alegacións. Teñen intención de alegar para ampliar a oferta ao máximo posíbel. Sería aprobado en setembro.

Intervencións delegadas das consellerías: pedimos información sobre as súas intencións de transferir as intervencións ás consellerías. O director xeral da Función Pública non contesta...

Centro de menores Avelino Montero: respecto do futuro do centro contesta o director xeral que non hai modificacións do réxime do persoal.

Persoal do sergas para as valoracións de dependencia: Di o director xeral que queren sacar adiante os enormes atrasos pero continúan coa súa teima de botar man do persoal do Sergas.

Bases xerais de futuros concursos
: informa o DXFP que antes de fin de mes teremos unha xuntanza. Non hai información sobre o procedemento de concurso específico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario