Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 24 de maio de 2019

Acórdase mobilizacións polas convocatorias dos concursos de trasalados

Na asemblea sobre a situación dos concursos de traslados da semana pasada acordouse mobilizarse pola inmediata convocatoria destes.

Nunha primeira parte fíxose unha exposisción da situación actual dos diferentes concursos na Xunta de Galiza, que con peor ou maior número de convocatorias, comparten a falta de previsión e regularidade na convocatoria e os elevados prazos de resolución e toma de posesión. Existe unanimidade en que concursos deben demandarse como dereito á mobilidade, conciliacióne progresión profesional. Está claro que hai demanda dun concurso porque o alto número das comisións de servizo así o confirmarn. O que hai que abordar é cómo facelo.


Falouse de concentracións nos centros de traballo, unha grande en San Caetano pero sobre todo acompañar con recollida de sinaturas e exportar o problema aos grupos políticos. É preciso unidade de acción. Tamén quedou pendente de estudar unha posible vía xudicial por innación, tendo en conta que se está a utilitzar as comisións de servizo como sistema ordinario de provisión e este debe ser, de acordo a lei, o concurso.



Ningún comentario:

Publicar un comentario