Nestas semanas son moitas as persoas que nos preguntades que pasa co concurso de traslados, algo que vén xa de lonxe na Xunta de Galiza, de lonxe polo que respecta á Administración xeral pois nos consta que en Ensino levan outro ritmo. A inquedanza e o malestar aumentou desde a publicación da CIG da seguinte nota e a situación está chegando a ser insostíbel polo que vemos necesario a convocatoria de asembleas por este motivo.
A primeira asemblea terá lugar este venres, 24 de maio, ás 9:00 h no Salón 2 de San Caetano. Nela abordaremos a situación actual dos concursos e as accións a levar a cabo na lexítima defensa do noso dereito de progresión profesional, mobilidade e conciliación familiar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario