Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 10 de maio de 2019

Reunión Fondo de Acción Social: segue reducido a unha soa axuda

Desde 2011 o persoal da Xunta leva perdidos máis de 57 millóns de euros de masa salarial.  

O Fondo de Acción Social fica reducido a unha axuda e esta administración non ten intención, polo menos de momento, de devolvérnolo e iso que a economía galega, segundo os políticos que gobernan este pais, vai vento en popa e a Xunta de Galiza ten superávit este ano por primeira vez na historia.

Previsiblemente publicarase a finais de maio.

Este xoves tivemos polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), que fica relegado só a axuda para atención de persoas con discapacidade. Nesta reunión a CIG propuxo o seguinte:

1.- Reiterámonos nas alegación feitas por escrito que foron as seguintes:


A proposta de criterios de reparto do FAS 2018 presentada pola Dirección Xeral Función Pública é a novena repetición do que foi a práctica desarticulación do FAS do ano 2011. Naquela convocatoria a Xunta golpeou ao persoal da administración autonómica co recorte de 7.136.392 €, liquidando o Fondo e limitando as axudas a unha única modalidade, a de atención a persoas con discapacidade. Desde aquel ano o persoal da Xunta leva perdidos máis de 57 millóns de euros de masa salarial.


FONDO DE ACCIÓN SOCIAL
2010
2011-2019
CONTÍA GLOBAL
€ 9.136.392
€ 2.000.000/ano
CONTÍAS MÍNIMAS POR MODALIDADES
ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE
€ 1.300
€ 1.020
XUBILACIÓN
€ 3.500
€ 0
FILLOS-AS MENORES
€ 150
€ 0
ESTUDO DE FILLOS-AS
€ 90
€ 0
ESTUDOS DO PERSOAL DA XUNTA
€ 200
€ 0
ADQUISICIÓN DE VIVENDA
€ 1.532
€ 0
MAIORES A CARGO
€ 200
€ 0
GASTOS SANITARIOS (TRATAMENTOS, PRÓTESES)
€ 60
€ 0
GASTOS SANITARIOS (PRODUTOS ALIMENTARIOS)
€ 60
€ 0

En ningún destes oito últimos exercicios orzamentarios amosou a Xunta a máis mínima intención de reverter eses brutais recortes nos dereitos sociais do persoal. Tampouco se aproveitou ese caixón de xastre no que converteron o acordo de “concertación social” para, non xa nin sequera presentar un plan de recuperación dese montante que formaba parte da nosa masa salarial, senón nin sequera para restabelecelo neste ano 2019.

A posición da CIG ao respecto da proposta da Xunta para este ano non pode, por tanto, diferir nada da que veu amosando desde o ano 2012, cando se negociou o FAS do 2011: un total rexeitamento, o que implica que a CIG non vai apoiar a proposta da Xunta e anunciamos o noso voto negativo.

Nestes últimos anos presentamos unha proposta que non se tivo en conta por parte da Xunta, coa intención de mellorar as exiguas contías, mesmo dentro do límites fixados pola Administración. Desde a CIG entendemos que hai unha posíbel mellora na redacción do texto que suporía incrementar as axudas no caso de que os fondos adicados a esta partida, na súa contía global, fosen abondo para evitar os baixos importes a que se ten dereito. Tendo en conta o límite da axuda máxima fixado en 2.160€ (180€/mes), facemos a seguinte proposta, para incluír despois do parágrafo que vai a continuación do cadro co baremo.

Norma específica 1.2.

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda fose abondo para incrementar os importes que sinala a anterior táboa do baremo, sempre co límite da percepción máxima de 2.160€ (180€/mes), procederase a incrementar os importes dos diferentes niveis do baremo, seguindo a orde da escala de rendas familiares per cápita e do grao de discapacidade, desde o nivel inmediatamente inferior ao que dá acceso á axuda máxima até chegar ao nivel de ingresos máis altos das rendas familiares. En todo caso respectarase o importe mínimo de 1.020 euros.

Entendemos que esta redacción, ou outra similar, permitiría que toda a partida disposta para este fin puidese realmente repartirse e facelo respectando o principio do reparto por niveis de renda, evitando deste xeito que a xa de por si exigua axuda puidese quedar sen repartir na súa totalidade.

Obviamente esta posíbel mellora no texto non variaría a posición negativa da CIG ao texto presentado pola Administración, polo motivos xa expresados neste mesmo escrito e que reiteran o noso posicionamento deste últimos anos, logo da drástica redución dos fondos destinados á Acción Social do persoal empregado da Xunta de Galiza.

Ademais presentamos as seguintes achegas:
  • Dotar o Fondo de Acción Social da Xunta de Galiza co 1% da masa salarial.
  • Recuperar todas as axudas do Fondo de Acción Social que tiñamos antes da crise e aumentalas progresivamente.
  • Compatibilizar as axudas do Fondo de accións social que se reciban por parte dos empregados públicos da Xunta con outras que podan percibir como cidadáns beneficiarios.
  • Respectar a distribucións segundo o nivel de renda das familias, temos que dicir que para a liña de axuda de atención de persoas con discapacidade queremos que se respecte a axuda mínima (1.020 €) e máxima (2.160 €) e incrementar as intermedias ata esgotar o crédito total desta axuda.
  • Ampliar polo menos, os beneficios ou axudas que teñen compañeiros traballadores da Xunta de Galiza que pertencen a MUFACE, ou incluso de outras administracións, que a Xunta non contempla neste Fondo de Acción Social.
  • A solicitude de informes perante a seguridade social ou outro organismo para a xustificación da percepción das axudas do FAS que a faga a Xunta de Galiza directamente co permiso do solicitante.
  • A publicación do Fondo de Acción Social todos os anos sobre a mesma data.

2.- Propoñemos subir esta liña de axudas o correspondente o IPC polo menos e que a contía orzamentada, se sobrara, se reparta proporcionalmente entre os beneficiarios desta axuda.


3.- Cando se vai a publicas esta axuda no DOG? o ano pasado publicouse o 13 de abril, este ano estase retrasando moito.

Por parte da administración, que xa enviou dúas persoas sen capacidade de negociación real, estas dixeron sobre as alegacións presentadas por escrito no seu momento que xa ten constancia na dirección xeral de Función Publica, mais non van cambiar nada, por certo CC.OO e UGT presentaron alegacións conxuntas, e a CSIF non asistiu a esta reunión.

Sobre as cuestións presentadas nesta reunión dixeron que para que dea tempo a tramitar esta axuda este ano van a reducir todos os prazos de presentación de 15 a 10 días hábiles e que se publicará no DOG a finais deste mes de maio.

Comentou a Administración que sobre o pagamento mensual desta axuda, o persoal laboral que se funcionarice vanlle garantir que sigan no mesmo status quo e que o resto de persoal funcionario non saben se son eles ou as consellarías os que teñen que habilitar os programas para ter o mesmo pagamento mensual, que o estudarán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario