Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 6 de novembro de 2015

Modificación da RPT de Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, AAPP e Xustiza

Achega a empresa os cambios que vai facer respecto da súa proposta inicial logo das alegacións das organizacións sindicais e tamén achegan un par de cambios a iniciativa propia. 

Escaso, moi escaso para todo o que podían cambiar... nas amortizacións, na inversión da pirámide dos recursos humanos, na titulitis, na apertura de postos a outras Administracións ou no da recentralización dos postos bases na SXT e mover ao persoal ao seu antollo baleirando de sentido os concuros de traslados...

Proposta inicial

Cambios respecto do borrador da memoria xustificativa, logo da reunión coas organizacións sindicais
1.       Apertura postos A13

Elimínase do borrador da proposta a adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e Comunidades Autónomas e Administración de Xustiza (A13) dos postos de xefatura de sección dependentes dos centros de destino das xefaturas territoriais.

2.       Complementos condutores/as

Elimínanse desta proposta de modificación, co obxecto de realizar un estudo detallado da situación xeral de todo o parque móbil e, valorar a posibilidade de engadirlle os complementos a aqueles postos que se considere necesario para o normal funcionamento do servizo.

3.       Amortización de postos

Elimínase do borrador da proposta a amortización do posto PR.C02.00.005.32001.610, CONDUTOR/A, do grupo IV, categoría 016.

4.       Modificación de postos

Engádense á proposta de modificación da RPT as seguintes modificacións de postos:
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA

Proposta de modificacións en postos de persoal funcionario

CENTRO DESTINO:  SECRETARÍA XERAL TÉCNICA

-       Posto PR.C02.00.002.15770.001, VICESECRETARIO/A XERAL, de nivel 30.

No Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, modificado polo Decreto 11/2015, do 5 de febrero, a Vicesecretaría Xeral, dentro da Secretaría Xeral Técnica, configúrase como un posto de carácter eminentemente transversal entre outros debido a súa función de coordinacion entre os distintos órganos superiores, órganos de dirección, secretarías territoriais e xefaturas territoriais da Vicepresidencia e Consellería.

Entre as funcións asignadas á Vicesecretaría Xeral, segundo o vixente decreto de estrutura, constan o apoio técnico nas funcións encomendadas á Secretaría Xeral Técnica e aos distintos órganos de dirección da Consellería, a coordinación, seguimento e control dos expedientes de contratación, dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a Consellería e a coordinación das obras e proxectos de competencia da Consellería. As funcións referidas atribúenlle ao posto, a maiores, unha natureza de índole técnica, ademais, a súa función de coordinación doutros órganos e postos da Vicepresidencia e Consellería, a exerce respecto de postos abertos aos corpos xeral e especial, tal como as secretarías territoriais, as xefaturas territoriais e a Subdirección Xeral de Coordinación de servizos transversais.

Por todo o anterior proponse a apertura do posto de Vicesecretario/a Xeral aos corpos xeral e especial.
SERVIZOS PERIFÉRICOS

CENTRO DESTINO:  XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

-       Posto PR.C99.10.000.32001.007, XEFATURA SECCIÓN, nivel 25. Proponse o cambio de denominación por XEFATURA SECCIÓN PERSOAL E ASUNTOS XERAIS e a apertura a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e Comunidades Autónomas (A11).

Ningún comentario:

Publicar un comentario