Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 13 de novembro de 2015

Planificación de persoal: tirar para adiante tapando buracos

A política de personal na Xunta, aparte de escasa en medios, é escasa en ideas. O exemplo témolo no que está a acontecer estos días coa proposta de modificación da Área de Cultura da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria na que teñen que crear 4 postos de Tec. Superior de Bibliotecas porque non teñen suficientes para a elección de destino.

Na oferta de emprego público do ano 2011  aprobouse un  proceso selectivo das escalas nas que se ofertaban 7 prazas do grupo A1 de Técnico Superior de Bibliotecas.
No ano  2013 elaborouse unha proposta de modificación da actual RPT que incluía unha importante amortización de prazas das escalas da área de Cultura, a saber afectando tanto as especialidades de arquivos como de bibliotecas onde se eliminaban varias prazas de grupos A1 e A2 (sen dotación actual e pendentes de eliminar)

No mes de maio do mesmo ano apróbase unha modificación-express da RPT na que os cargos de Direccción dos Centros Culturais (arquivos, bibliotecas e museos) que ata o de agora eran cubertos en exclusividade por Técnicos/as Superiores A1 mediante concurso, ábrense aos Técnicos/as Médios A2 e convírtense en LD´s; o cal xa dou a certa polémica pola discutible xustificación da Administración e sin prever que no futuro habería problemas co número de prazas ofertadas.
O certo é que varios traballadores A2 puideron acceder a prazas A1 mediante Libre designación, o cal trastocou as propias previsións da Administración con esas 7 prazas libres iniciais.
O caso é que unha vez finalizado o proceso selectivo de Técnicos/as Superiores de Bibliotecas; só quedan  vacantes 3 prazas de A1 das 7 ofertadas. Esto fixo que a propia consellería propoña estes días outra modificación exprés da RPT para crear catro novos postos cun custe de 180.000 €, para posibilitar a toma de posesión do novo personal.
Sempre estaremos a favor de creación de prazas, e máis nestes tempos, aínda que na realidade é que quedábamos como estabamos, con sete. O que non podemos estar de acordo nin entender é que as creacións se fagan a golpe de necesidade por falta de planificación. Sempre nos dín que “non hai  un can”; levamos seis anos de amortizacións durísimas, temos necesidades perentorias en multitude de centros que non teñen que coincidir (de feito non coinciden) cos agora creados de “in extremis” por antiplanificación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario