En
primeiro lugar, reclamouse a derrogación da Lei 1/2012 de medidas do
emprego público pola que se suspenderon os artigos 19; o 29 de dereito a
comedor; o 34.2 e a disposición adicional terceira, referida ao fondo
de acción social. Unha lei que aínda sigue en vigor, cando non os seus
artigos incorporados á actual Lei de emprego público como o de pagar por
enfermar.
O persoal laboral reclama, xunto a isto, o
levantamento da suspensión, vía orzamentos, do artigo 19 e o primeiro
parágrafo do punto 3.3.8 do acordo polo que se establecen as condicións
especiais de traballo do persoal do SPDIF e a recuperación da
negociación colectiva.
A supresión do artigo 19 provou graves
consecuencias nas condicións laborais do persoal, nomeadamente o dos
centros de atención directa dependentes de Traballo e Benestar, que vén
mobilizándose desde a entrada en vigor da Lei 1/2012 de medidas de
emprego público da Xunta de Galiza e da suspensión, vía Lei de
Orzamentos, do artigo 19 do V Convenio colectivo único, por mor das
condicións laborais de máxime precariedade que isto provocou.
Condicións
que teñen afectado á propia saúde das traballadoras e traballadores e,
en consecuencia, á calidade da atención que se presta e das que
responsabilizan á consellaría por incumprir, de forma sistemática a
obriga de negociar as carteleiras anuais dos centros de traballo na
procura dunhas quendas harmonizadas que permitan a conciliación da vida
familiar e laboral.
Unha situación que derivou nunhas “condicións
penosas de traballo” pola falta de descansos, compensación de festivos e
domingos, amortización de postos e a non formalización de case que 500
contratos ano por acumulación de tarefas”.
Menos discurso e máis concurso
Con
esta mobilización o persoal laboral demandaba tamén a convocatoria
inmediata do concurso xeral de traslados que a Xunta ten paralizado
desde varios anos. Concurso que debía ter sido convocada, atendendo ao
recollido no artigo 7.2.a) de xeito PERMANENTE, e ao menos un ao ano, xa
que o máis recenté foi en 2011.
A
este respecto, lembramos que o pasado ano o director xeral da Función
Publica comprometeuse co comité intercentros á convocatoria do concurso
ao longo do terceiro trimestre do 2014. Un compromiso que volveu a
incumprise neste primeiro trimestre cando, iniciada a negociación das
familias profesionais que posibilitaran o concurso aberto, función
publica presentou unha proposta de amortización, supresión e
reorganización de categorías que imposibilitaría o concurso para os
postos de traballo susceptíbeis de funcionarización tendo en conta a
disposición adicional novena da Lei do Emprego Publico de Galiza pola
que se crean as escalas de servizos sociais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario