ACTUALIZACIÓN (21/01/2016): xa temos "esa data" pero coma sempre non é nada concreto: "a finais de febreiro poderían sacar as puntuacións provisionais"
Ao fin, 8 meses despois da convocatoria, cando xa tiña que estar resolto, o director xeral da dis-Función Pública publica o listado definitivo de persoas admitidas e exlcuidas no concurso xeral de persoal funcionario. DOG 15/01/16
E é que este é o único concurso de traslados que a Xunta puxo en marcha no 2015.Inicialmente había unha previsión de intentar resolvelo antes de finais de ano. Tamén inicialmente había prevesión de convocar varios concursos de traslados no 2015.
Estamos a mediados de xaneiro de 2016 e aínda acaban de publicar a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas. Hai preto de 3.000 persoas agardando por saber que será do seu futuro, tanto a nivel de progresión profesional como de mobilidade e agrupación familiar. Pedimos ao director xeral seriedade e dilixencia con este tema, e se non pode, que marche e deixe o sillón.
Hubo moitos ruxe-ruxe pero poucas afirmacións certas en canto a prazos de resolución se refire e cando as hai depois veñen os incumprimentos; iso que agora está case que todo informatizado, a pesar do cal séguese a tardar practicamente o mesmo na súa resolución. Hai xente que mesmo relaciona a resolución deste concurso coa data das eleccións galegas. E o caso é que un cambio de cadeiras e desfacer as cadeas de comisións de servizos pode alterar o control político da Administración nun momento delicado.
Da web da Función Pública temos o historial de concursos no 2015, no que do único que atopamos algunha nova é do de Administración xeral. Este concurso convocouse o 20 de maio e posteriormente tivo varias correccións de erros e modificacións, entre as que a última foi a retirada de 16 postos dos inicialmente ofertados.
Actualmente o concurso atópase na fase da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas. Compre recordar que a listaxe provisional se publicou vai máis de 2 meses (o 6 de novembro de 2015) e que o director falaba do mes pasado xa para sacar a definitiva. Agora tería que nomear a comisión de valoración, despois sacar a listaxe de puntuación provisional e logo virían as reclamacións, as revisións das reclamacións e a resolución definitiva. Estima o director no 10% as reclamacións e que destas só un 90% teñen algo de base polo que insiste que en maio como moito está resolto.
O resto de concursos: a anécdota na Xunta
Na anterior Lei de Función Pública recollíase a obriga de convocar e resolver anualmente os concursos de traslados na Administración xeral da Xunta de Galiza. Tamén o V Convenio Colectivo recollía, e aínda recolle, esta obriga e mesmo ía máis alá ao falar do "concurso permanente". Porén a potestade organizativa da Administración, recoñecida polos diferentes tribuanais do contencioso, viña deixando esa obriga en papel mollado. Non así a nosa obriga de permanecer 2 anos no mesmo posto.
Con todo o malo, os concursos na Administración xeral aínda veñen tendo unha frecuencia cada 2-3 anos, que de xeito efectivo fai que a xente cambie de posto definitivo como moito cada 5. A peor parte lévaa o persoal laboral, o persoal funcionario de Administración especial ou de escalas, onde os concursos son aínda máis esporádicos e a súa única oportunidade de mobilidade vén sendo a través das comisións de servizo ou da adscrición provisional.
O conselleiro de Facenda prometeu concursos "máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade" pero é só unha promesa sen nada que a soporte, sen unha mínima modificación legal ou normativa, sen unha proposta técnica de desenvolvemento do concurso permamente do que levamos oído falar 7 anos pero que non dan desenvolvido. Agora parece que falan de que van licitar un contrato para deseñar un programa informatico para este tema (nada de contar con recursos propios, non vaia a ser).
A Administración escudouse tempo atrás no tema da difícil baremación da formación. Porén, pódese facer permanente co resto de méritos e a formación actualizable cada ano; hai fórmulas e fórmulas como tamén hai concursos e concursos que se poderían usar de modelo: noutras administracións públicas ou mesmo nesta nosa, como é o concruso de Ensino. É unha cuestión de vontade política ao fin e ao cabo.
A Administración escudouse tempo atrás no tema da difícil baremación da formación. Porén, pódese facer permanente co resto de méritos e a formación actualizable cada ano; hai fórmulas e fórmulas como tamén hai concursos e concursos que se poderían usar de modelo: noutras administracións públicas ou mesmo nesta nosa, como é o concruso de Ensino. É unha cuestión de vontade política ao fin e ao cabo.
Co concurso permanente, ou canto menos anual, acabaríase cos saltos tan multitudinarios de persoas entre posto e posto, acabaríase co despiporre de comisións de servizo eternas, melloraría e modernizaría a Adminmistración en canto a primar o mérito e melloraría tamén o execicio do noso dereito á mobilidade. Porén, fica o problema de como se resolven as comisións de servizo, tal e como as coñecemos aquí, discrecionais, sen baremación e sen publicación da resolución, algo que de momento non lles interesa cambiar.
Novas relacionadas:
Novas relacionadas:
- Proposta de regulamentación obxectiva das comisións de servizo e concurso permanente "en licitación"
Mo bo artigo, decir que todos os datos que se poñen no artigo son os que dice Función Pública, so espero que esta vez si se cumplan sobre todo o de resolución (antes de maio de 2016), de todos os xeitos xa tivo coña (eu penso que os traballadores administración xeral non nos toman en serío os nosos xestores), sacar un listado de admitidos e excluidos 8 meses despois da convocatoria, cando outros concursos ej. os de Mestres se resolven en 3-4 meses. Saúdos Fulgencio.
ResponderEliminar