O CAU enviou masivamente un correo electrónico chamando ao coidado na seguridade informática polo que respecta á xestión dos contrasinais, o cal é unha boa inciativa. O chamativo é que para ilustrar onde non deben gardarse os contrasinais empreguen unha foto dun ministro grego na que din no pé que "pode lerse cun pouco de esforzo o contrasinal "123456". En fin, que nós non conseguimos ler a contrasinal nesa foto.
Porén, tiñan un exemplo moito máis claro e moito máis cerca no propio vídeo promocional do Kronos, destacado na web da Amtega (ou directamente en youtube buscando kronos). Tan famoso é que xa sae de primeiras o fotograma dunha tarxeta Kronos co PIN a pantalla completa. Neste exemplo si que se pode ler con facilidade o contrasinal "3533".
Porén, tiñan un exemplo moito máis claro e moito máis cerca no propio vídeo promocional do Kronos, destacado na web da Amtega (ou directamente en youtube buscando kronos). Tan famoso é que xa sae de primeiras o fotograma dunha tarxeta Kronos co PIN a pantalla completa. Neste exemplo si que se pode ler con facilidade o contrasinal "3533".
From: info CAU, AMTEGA <info-cau@xunta.es>
Date: 2016-01-19 12:01 GMT+01:00
Subject: Campaña de concienciación de seguridade. A xestión dos contrasinais
To:
O
teu nome de usuario e o teu contrasinal son a chave de acceso aos
sistemas de información. Úsanse para identificarte e darte acceso ás
aplicacións que necesitas no traballo,
e para gardar rexistro do que fas con elas.
Os
contrasinais son similares ás chaves tradicionais: son razoablemente
seguras para protexer os accesos, pero teñen que empregarse con certas
precaucións para que sexan
efectivas.
Por favor, tómate un momento para pensar sobre estas cuestións.
Utilizarías o ferrollo dun armario na porta da túa casa?
A ausencia de contrasinais ou os contrasinais sinxelos son unha invitación á entrada de estraños.
Afaite a usar contrasinais fortes e fáciles
de lembrar. Combina varias palabras de forma absurda e intercala
números, símbolos e letras en maiúsculas e minúsculas: patiT0curt!do,
jamontom@ter0, albORotorut1nario&,...
Deixarías copias das chaves da túa casa en calquera lugar ou llas darías a un descoñecido?
Deixar
os contrasinais anotados permite que sexan coñecidos por outras
persoas. Podes empregar unha aplicación para gardalas ben protexidas
(hainas gratuítas,
como KeePass).
Cando
utilizas unha aplicación, é moi probable que se estea rexistrando o que
fas con ela por requisitos legais. Se lle deixas a alguén o teu
contrasinal, as súas accións
serán imputadas a ti. É moi mala idea, así que non o fagas.
Fotografía oficial do ministro de interior grego. No post-it pode lerse cun pouco de esforzo o contrasinal "123456".
Utilizas unha soa chave para todas as portas?
Non
es o único que coñece os teus contrasinais. Os administradores de
servizos web que empregas habitualmente, como redes sociais ou foros,
tamén poden coñecelas, e os
roubos masivos de contrasinais están á orde do día. Non quererás que un
roubo de contrasinais en ForoCoches permita que alguén poida ver o teu
correo corporativo, verdade?
Afaite
a ter un contrasinal distinto para cada sitio, e utiliza unha
aplicación como a mencionada antes para non ter que escribilas. Ademais,
iso permitirache cambiar o
contrasinal cada certo tempo, o que é moi boa idea.
A protección dos datos dos cidadáns tamén depende de ti. Grazas por dedicarnos un minuto do teu tempo.
_____________________________ ___________________________
CAU – Centro de Atención ao Usuario
Departamento de Implantación e Xestión do Cambio
Área de Modernización das Administracións Públicas
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Tel: 9815-45288 Fax:
9815-45452
Desta vez désteslles na liña de flotación. Esto levame a refranear:
ResponderEliminar- Non critiques a ninguén se tes a casa sen barrer. OU:
- Amtega se non sabes torear para que te metes. Ou:
- A palla no ollo alleo e a viga no propio.