Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Modificación da RPT dos órganos superiores da Presidencia: segunda reunión

O 12 de xaneiro reuníronse as organizacións sindicais coas persoas representantes da Secretaría Xeral da Presidencia. Tratouse da proposta de modificación da RPT que afecta a 3 secretarias xerais e as alegacións presentadas (Deportes, Emigración e da Presidencia).

Estamos en contra das amortizacións de postos de traballo públicos formuladas.. A pesar das creacións propostas o saldo total é de catro postos de traballo menos. A maiores, estas amortizacións son maioritariamente de postos base mentres que as creación son xefaturas o cal incrementa aínda máis a inversión da pirámide de recursos humanos e afecta ao funcionamento dos servizos.
En canto as alegacións da CIG na Secretaría Xeral para o Deporte:
  • Non van a amortizar a praza de peón especializado, pero para unha maior operatividade van poñela en quenda de tarde. Polo momento non van cubrir o posto de Oficial 1ª (non din por que).
  • O posto de Xefatura seccion de deporte que se traslada de Lugo a Santiago non ten verme dentro (é vacante pura), ante esto a CIG indicoulle que para non levarnos a enganos, o procedemento é amortizar a praza en Lugo e creala en Santiago, pero segundo eles iso suporía ter que incrementar a dotación orzamentaria por estar mal dotada, polo que o que fan é trasladada (darannos unha explicación)
  • En canto ao posto de PRECEPTOR/A, créanno pola necesidade do centro, e non buscaron outro posto de traballo máis económico porque xa existen dous PRECEPTORES no centro un de mañan e outro de tarde, este sería para a noite, e creariase un agravio comparativo pois sendo de grupo inferior, tería que realizar as mesmas tarefas dos dous do grupo superior e por riba de noite (tamén daran explicación sobre o tema).
  • En canto ao posto de DIRECTOR/A  CENTRO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA, van a darlle unha volta co tema de libre designación. O de quitarlle o de docente, din que ese centro funciona como un colexio ou instituto de ensinanza, a CIG lémbralle que os centros de capacitación agraria son escolas e non teñen persoal docente nas suas direccións. En canto ao merito de titulado en INEF, din que é debido ao traballo técnico que van desenvolver (darannos unha maior explicación sobre elo).
  • En canto a XEFATURA DE SERVIZO XURIDICO-DEPORTIVO, miraran de quitarlle o termo de singularizado por non singularizado, pero manteñen o de Concurso Específico, para este e o resto de xefaturas de servizo, debido a ao artigo 91 da Lei 2/2015 do emprego público de Galiza.

Secretaría Xeral da Emigración: 
  • Non saben que contestar á dubida presentada pola CIG en relación ao Requisito Imprescindible PERMISO DE CONDUCIR B, din que o puxeron en formación especifica para que o subalterno que fai funcions de condución cobre o plus.

Secretaría Xeral da Presidencia:
  • A xefatura de sección de coordinación, din que non estaba ben argumentada, pero que é necesaria a súa creación como de libre designanción debido as materias que van pasar pola súa man. A CIG di que o segredo profesional obriga a todas as persoas funcionarias polo que debe seguir sendo de concurso ou senón persoal de confianza fóra da RPT. Outro sindicato suxire que si o que queren é unha libre designación que cren unha xefatura de servizo; a esta proposta a CIG  manifesta que si o fan, que se dote con postos de traballo por debaixo da xefatura do contrario estarían a crear é un pseudo servizo para poder ter a liberdade de colocar a alguen que xa con este posto parece que queren facer (daran unha maior e mellor explicación)

Novas relacionadas:

1 comentario:

  1. E que pasa coas seccións que sacaron da secretaria xeral de emigración por modificación da RPT?, se o final non lle tocan. Quedan outros 5 anos para o mercado negro das comisións de servizos, ou na siguiente modificación de RPT de emigración propondrá a empresa que sean designadas por LD. Saúdos Fulgencio.

    ResponderEliminar