Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 11 de xaneiro de 2016

Novo borrador de instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas

Nova proposta das instrucións que regulamentan o réxime de vacacións, permisos e licenzas. Dan de prazo ata o 15 de xaneiro para formular novas alegacións. Para descargala PREME AQUÍ 

Temos que congratularnos de que Función Pública eliminase (por petición de todas as organizacións sindicais e, por pura lóxica, para variar) este desfortunado parágrafo contra a flexibilidade familiar:

Os empregados públicos que teñan concedida a flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar e laboral, deberán xustificar a imposibilidade de cumprir cos seus deberes de conciliación no dito horario para poder facer uso deste permiso.

Algo que xa foi denunciado no seu momento pola Xunta de Persoal Funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza: A Xunta de Galiza penaliza a conciliación familiar do seu persoal 

Aínda que feitos algúns cambios, fican lonxe do total das alegacións formuladas entre todas as organizacións sindicais, por exemplo o de seguir a poder coller ata 6 días de vacacións de xeito solto e acumulables aos moscosos.

En calquera caso, a idea do director xeral da Función Pública era ter listo esto para o 1 de xaneiro, agardemos que o atraso sexa para mudar algo máis para mellor. No persoal de Ensino vemos que cesaron as hostitilades por parte da consellaría con relación ao seu réxime de permisos, co que agora algo está cambiando.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario