Continúan a publicarse cifras de cartos destinados pola Xunta a manter os grandes medios de comunicación. Desta volta, no DOG do 19/01/2016 publícan os convenios durante 2015 da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coas grandes empresas privadas de comunicación galegas para "potenciar o uso do galego" nos seus xornais.
O certo é que como non se publica o contido do convenio non sabemos se o que en realidade están facendo é premiar o uso que fan do galego nestes medios, xeralmente marxinal, ou incentivando a que o usen algo máis. Tampouco sabemos se contemplan os programas de tradución automática por moi deficientes que sexan ou inclúen porcentaxes mínimas de uso, porecentaxes mínimas obxectivo, seccións contretas, etc. GC estimaba, por exemplo, no caso de La Voz de Galicia S.A. o uso habitual dun 5%, reservado ademais a seccións como opinión e cultura.
O que si coñecemos son as cantidades. Destaca con case o 50% do montante total a Corporación Voz de Galicia, S.A. con 149.500 €, seguelle a bastante distancia Faro de Vigo, S.A.U. con 63.000 € e El Progreso de Lugo, S.L. con 35.000 €. Por último están outros tres grupos habituais da prensa galega: Grupo La Región, S.A. 23.000 €, Editorial La Capital, S.L. 15.500 € e La Opinión de A Coruña, S.L. 15.000 €.
Ao contrario que as recentemente publicadas subvencións con estas empresas para manter a súa actividade, nestes convenios o Grupo La Región si que recibe cartos pero non Editorial Compostela S.A. que anterirormente fora a cuarta con máis subvención con 90.086,01€ .
Estas cantidades son moi superiores ás que recibiron, por exemplo, este ano, as
empresas xornalísticas que se desenvolven as súas publicacións íntegramente en galego, a maior parte das
cales, están excluídas deste tipo de axudas e convenios.
A parte destes cartos públicos das arcas autonómicas a través de convenios con diferetnes departamentos da Xunta, as grandes empresas de comunicación galegas reciben cartos a través de contratos, maiormente de publicidade, a maioría dos cales están fora do control público ao tratarse de contratos menores.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario