Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 27 de decembro de 2016

Feijóo sóbese o soldo 2 caixas e media de Vega Sicilia

O mellor para evitar calquera sombra de dúbida sobre a propia honorabilidade é pagar os vicios cos cartos de cada quen. Dito e feito: de cara ao ano que vén os cargos políticos da Xunta (Feijóo tamén) subiranse o soldo  entre un 7 e un 7,5% do salario.

En termos absolutos, Feijóo verá crecer o seu soldo en 5.500 € brutos ata chegar aos 73.000€ anuais. Tendo en conta o resultado do informe da fiscalía que foi admitido pola xustiza e envíado ás altas instancias, iso suporía 2,5 caixas de Vega Sicilia (das de 6 unidades, ollo). Realmente non dá para moito.... e é que cobrar só 7,5 veces o SMI non dá para case nada.

As currelas vemos baixar máis que subir o noso soldo ultimamente; o caso é que o vemos baixar (ou recuperar) en función do que digan unha serie de persoas que cobran moito máis ca nós (ata chegar a límites indecentes). E isas persoas teñen ademais a capacidade de modificarse o soldo sen demasiado problema.

E os cargos políticos na Xunta tamén teñen a facultade de subirse o soldo. Si, baixáronse o salario canda nós en 2013, pero eses cargos partían de moito máis alto, co que apertarse o cinto non tiveron que apertalo na mesma medida. 

Agora ben, aproveitar agora para tratar de poñerse ao noso nivel e dicir que o soben por equivalencia é unha desvergoña. Que non, que non pasaba nada porque o deixaran como antes, que teñen un poder adquisitivo que está fóra de toda realidade social. O que si pasa é por tratar de meterse no mesmo saco ca nós. 

Non, vostedes aplican os recortes, o sufrimento, quitan e poñen, reparten e levan a mellor parte. Farán o que queiran mentres teñan o apoio nas urnas, si, pero non se poñan de "vitimas da crise" que mentres nós brindamos (se chega) con Mencía, vostedes brindan con Vega Sicilia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario