O DOG do 22 de decembro anuncia a publicación das listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro.
As listas de persoas admitidas poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), na epígrafe de listas de contratación de Función Pública.
As persoas excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición. Así mesmo, poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario