Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 7 de abril de 2017

Convocados cursos de linguaxe administrativa

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais


No DOG do venres 7 de abril publicouse a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal que preste servizo na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico. Estos cursos están organizados pola EGAP en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Convócase as seguintes edicións de 25 prazas cada unha:
  •     5 edicións de nivel medio en modalidade de teleformación
  •     6 edicións de nivel superior  en modalidade de teleformación
  •     1 edición de nivel medio en modalidade presencial  (SANTIAGO).
  •     2 de nivel superior en modalidade presencial (SANTIAGO).

O persoal que desexe participar nos curso convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para acceder a estes cursos é necesario ter validado ou superado algún dos cursos que a continuación se indican:
  • Para optar ao curso superior: o curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
  • Para optar ao curso medio: o curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria, segundo se establece no artigo 4.4 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).

Ningún comentario:

Publicar un comentario