Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 17 de abril de 2017

Apertura do prazo para solicitar praza nas residencias de tempo libre

Residencia de tempo libre de Panxón-Nigrán
No DOG do 12 de abril publícase a ORDE do 7 de abril de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a consellería de Política Social para o ano 2017.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación desta orde no DOG e rematará o 2 de maio de 2017.

Esta orde ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de estadías e servizos para o ano 2017 das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social.

Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior.
Residencia de tempo libre do Carballiño

Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.

A distribución das prazas será compartida nun 50 % entre a Consellería de Política Social e as centrais sindicais en razón da súa representatividade na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos resultados obtidos nas últimas eleccións sindicais.

Os prezos, tanto para os servizos de residencia como para as persoas non residentes, serán os previstos no Decreto 84/2012, do 16 de febreiro, modificado polo Decreto 65/2016, do 2 de xuño, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.

Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas. A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura como anexo I desta orde e que estará dispoñible na guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo: http://www.xunta.gal/resultados-da-guia-de-procedementos  (código de procedemento BS419A).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario