Política Social e Medio Rural, as consellerías que acaparan os 50% dos accidentes de traballo.
O dia 30 de marzo reuniuse o Comité Intercentros de Saúde Laboral e tratáronse os seguintes asuntos: protocolo de avaliación de riscos psicosociais, memoria actividade preventiva do 2016, enfermedades infectocontaxiosas como enfermidades laborais, nova configuración dos comités de saúde laboral, persoal dos servizos de prevenzón e varios.
Presentase neste comité solicitude de modificación do procedemento de Avaliación de riscos psicosociais tras diversos procesos nos que distintos métodos empregados, no mesmo cetro, (Avaliación previas da Xunta e método do INSHT) dan resultados distintos.
Prodúcese un debate onde o SPRL xustificase o seu método como válido, e MUGATRA especificase que modificar a enquisa con mais ítems, podería resultar demasiado longo.
A CIG, para mellorar a problemática de riscos psicosociais existente na Administración da Xunta solicita o seguinte:
- A identificación dos riscos non se faga exclusivamente a través da enquisa previa da Avaliación de Riscos, que se teñan en conta as solicitudes dos CSS e outras denuncias.
- Realización de Avaliacións de riscos psicosociais en tódolos centros de traballo tal e como se acordou neste comité.
- Que se adopten as medidas correctoras que como consecuencia das Avaliacións sexan necesarias. Remitirase para a vindeira reunión propostas para unha modificación da Avaliación de Riscos e do protocolo establecido pola Xunta.
2.-Presentación e debate da memoria preventiva do 2016
O SPRL fai unha presentación da Memoria Anual de Actividades Preventivas do 2016.
Dende a CIG facemos as seguintes propostas e observacións:
- A estrutura recollida no documento dos CSS non se corresponde coa actual
- O gasto no contrato coa MUTUA descende en 2017 con respecto o 2016
- Os Plans de Acción resultado das Avaliacións de Riscos dos que os respectivos CSS non se reúnen non teñen seguimento. A Administración incumpre a súa obriga legal
- Case que o 15% dos accidentes son “in itinere” polo que solicitamos unha campaña de formación e sensibilización. Campañas deste senso estanse a realizar por todo o territorio español.
- Os índices de frecuencia do 2016 e os índices de duración foron mais altos que no 2016
- Hai que abordar nas avaliacións de riscos o envellecemento dos traballadores e traballadoras da Xunta
- Denunciar a falta de investigación de accidentes en Ourense
- Denunciar o incumprimento flagrante da Lei de PRL en materia de CSS, xa que mais da metade non se reúnen en todo o ano. Feito denunciado en tódolos comités pola CIG
- Pedimos novamente que a vixilancia da saúde sexa específica por postos de traballo e se apliquen os protocolos establecidos
- A formación en prevención debe adecuarse as necesidades específicas dos traballadores e traballadoras e así mesmo renovarse cos cambios de técnicas de traballo, cambios estruturais, cambios de material...
Destacar que ano tras ano son os traballadores e traballadoras das Consellerías de Política Social e Medio Rural as que sofren un maior número de accidentes, xuntando entre as dúas mais do 50% dos mesmos. A CIG solicita que se intensifiquen os esforzos na busca de solucións e se doten de medios tanto materiais como humanos para que descenda o número total de accidentes.
3.-Debate sobre a gripe e as enfermidades infecciosas, dende o punto de vista do seu recoñecemento na incapacidade laboral
A MUTUA fai entrega dun documento emitido fai un ano, onde como non, non consideran a gripe como accidente de traballo.
A CIG manifesta o seu rexeitamento a este documento por considerar que se basea principalmente en razóns económicas e non de saúde. A gripe como enfermidade infectocontaxiosa e as enfermidades infecciosas deberían estar incluídas nas excepcións do RD Lei 20/2012. Entre os principais motivos sinalar que son fonte de danos a saúde por contaxio para o resto dos empregados públicos.
A gripe debería ter consideración de accidente laboral para aqueles traballadores e traballadoras que polas súas funcións traballen con persoas potencialmente contaxiadas.
Deberíase considerar a gripe como enfermidade profesional para o persoal sanitario e similares polo seu contacto continuado con poboacions de risco.
Solicitamos a Función Pública a apertura dunha mesa de negociación para a revisión da cobertura do 100% das continxencias en caso de gripe.
4.-Presentación da proposta da Administración da configuración dos comités de seguridade e saúde laboral
O presidente comunica que ten unha nova proposta de configuración baseada en áreas funcionais e que traerá para unha vindeira reunión.
A CIG resposta que como mínimo debe cumprir co establecido na LPRL, e que se estudará cando fagan a achega.
5.-Cadro de persoal do SPRL
A Administración Informa que de 17 postos do Servizo tres están sen cubrir. Dende a CIG consideramos que é necesario a cobertura de tódalas prazas e mesmo a ampliación do servizo dado as necesidades en prevención existente na Xunta.
6.-Rogos e preguntas
Informa Función Publica que se inicia a Mesa de Negociación da segunda actividade de Incendios e que isto é o comezo para a negociación de outras categorías.
Solicitase unha avaliación específica para os Farmacéuticos e Inspectores. Farase esta Avaliación e de ser preciso unha nova vixilancia da saúde.
Farase a Avaliación de Riscos de Sergude e os recoñecementos médicos específicos.
En puntos anteriores puxemos en coñecemento da Administración o escrito de CIG, presentado para demandar a execución inmediata do Plan de Prevención de Riscos Laborais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario