A CIG ven de recorrer a orde da Consellaría de Facenda mediante a que se designou o tribunal que vai xulgar o proceso selectivo de acceso ao Corpo facultativo superior do subgrupo A1, escala de veterinarios.
Das cinco persoas nomeadas como membros dese tribunal, tres delas (o presidente e dous vogais) son da escala de veterinaria. As outras dúas (a secretaria e unha vogal) son funcionarias do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.
Isto vulnera gravemente o Decreto 95/1991 polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Comunidade Autónoma de Galicia . Do mesmo xeito tamén se ven vulneradas as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección que din, expresamente que Os tribunais que xulguen as probas selectivas relativas a persoal funcionario non poderán estar compostos maioritariamente por funcionarios/as dos corpos ou escalas de que se trate. Así mesmo, ningún membro terá titulación inferior á esixida para ser admitido/a ás probas.

Dende a CIG presentamos este recurso para dar cumprimento da lexislación vixente e para garantir a confianza das persoas aspirantes ao proceso selectivo e para garantir a transparencia, igualdade, imparcialiade e profesionalidade do tribunal.
A CIG-Autonómica esixe a Función Pública que deixe de lado as chapuzas ás que nos ten habituados e proceda a corrixir este grave erro que podería ter consecuencias grandísimas para todas as persoas aspirantes xa que podería provocar a anulación do proceso selectivo e que o faga o máis axiña posíbel para que sexa posíbel manter as datas de exame anunciadas pola propia administración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario