Este ano por vez primeira as probas de avaliación estarán descentralizadas. O prazo de matrícula remata o 26 de febreiro.
No DOG do 16/02/2018 publícase a convocatoria da EGAP, de xeito conxunto, das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia. Son un total de 1900 prazas nun total de 10 accións formativas, todas elas baixo a modalidade de teleformación.
O certificado que acredite a superación das actividades formativas que compoñen este plan ofimático permitirá obter a Certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), de acordo co Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
O certificado que acredite a superación das actividades formativas que compoñen este plan ofimático permitirá obter a Certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), de acordo co Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
As solicitudes de participación presentaranse exclusivamente a través de https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 8.00 horas do 17 de febreiro de 2018 e ata as 23.55 horas do 26 de febreiro de 2018. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a cinco.
Afecta a distintas Administracións públicas
A dita convocatoria faise extensible para o persoal ao servizo da
Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas
instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da
Administración de xustiza, das entidades locais e persoal de
administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema
universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).
A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartirase nun 70 % para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, e nun 10 % para o persoal das entidades locais, 10 % para a Administración de xustiza de Galicia e outro 10 % para o persoal de administración e servizos das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario