A reunión estivo centrada na explicación por parte dos arquitectos que elaboraron o proxecto de rehabilitación de San Caetano e foron convocados tanto membros da Xunta de Persoal como do Comité de Empresa.
Pola Administración estiveron presentes a secretaría xeral técnica, o vicesecretario, subdirector de servizos transversais e xefe do servizo.
Basicamente os datos son que baixo o paraugas dun fondo europeo de mellora térmica vaise acometer unha obra (sobre 4 millóns de euros) que vai a afectar exteriormente aos edificios históricos (os tres frontais, Medio Rural e palacete), e que vai supoñer:
- Cambio de tellado: tella galega e aillamento.
- Arranxo e novo enfoscado de todas as paredes con aillamenteo SATE.
- Cambio de todas as ventanas por novas de madeira con aillamento nos cristais. (cristais grandes, desaparecen os cuadriños actuais).
- Cambio de portas por outras metálicas.
- Cambio dos lucernarios de Medio Rural e Presidencia e aproveitando neste último cambianse os aparellos de climatización (3ª planta).
- Cambio de iluminación a LED e sistemas automatizados de iluminación nas zonas comúns.
Todo esto estima un aforro de un millón e medio de Kw/h de consumo enerxético ao ano.
Ao rematar, a Xunta de Persoal tivemos unha mini reunión sobre temas de deficiencias en infraestruturas falando de temas concretos como:
- RADÓN (fanse un pouco os tolos para medir; e vai a haber que dar caña... xa os avisamos)
- BAÑOS POLITICA LINGUÍSTICA.
- APARCADORIO SAN LAZARO
- TABOLEIROS
- AUGA CON METAIS PESADOS
- ACCESIBILIDADE.
- APAGÓNS FLUIDO ELECTRICO EN CULTURA.
Nestes últimos puntos houbo acordos concretos de arranxos, salvo polo radón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario